Ossa de Montiel
Ossa de Montiel
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no Campo de Montiel, que está regado polo río Guadiana, onde se forman as lagoas de Ruidera (2.704 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e na industria alimentaria.