"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Conxunto das paredes celulares nas plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á apoplexía.

    2. Afectado de apoplexía ou propenso a ser afectado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extravasación masiva de sangue ao interior do encéfalo, procedente dunha arteria intracerebral (hemorraxia cerebral). Nun sentido amplo, aplicouse tamén este termo a outros accidentes vasculares cerebrais como a trombose ou a embolia, pero que en sentido estricto cómpre reservalo para a hemorraxia. A aplopexía condiciona habitualmente un cadro clínico grave de inicio brusco. Un 80% destes casos son mortais e os que sobreviven quedan con secuelas de intensidade variable, habitualmente hemiplexias. Entre as causas destacan a hipertensión arterial, os aneurismas e outras malformacións vasculares cerebrais, a arteriosclerose e as diateses hemorráxicas.

      2. Saída de sangue de súpeto e espontánea (non traumática) que se produce no interior dun órgano. Así, pódese falar de apoplexía da coroide do ollo, do bazo, do páncreas, do pulmón, do ril, etc.

    1. Enfermidade da vide, caracterizada pola aparición repentina de cepas con pámpanos total e bruscamente marchitos que acaban por secarse; o mesmo pasa cos acios. Pode ser producida polo fungo basidiomiceto Stereum necator. O vento quente, seco e forte produce unha apoplexía non parasitaria, ao causar un exceso de evaporación que non se ve compensado pola absorción das raíces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estadounidense fundada no 1976 por Steve Jobs e Stephen Wozniak que iniciou a popularización dos ordenadores para uso persoal, cun interface gráfico de sinxela interacción co usuario e aplicacións de cómodo uso. No 1977 lanzou o seu primeiro modelo, o Apple II, e no 1984 revolucionou a informática coa liña Macintosh (Mac) e un sistema operativo, o Mac OS (Mac Operating System), no que se inspirou a compañía Microsoft para crear Windows, un sistema operativo moito máis intuitivo ca o seu anterior MS-DOS (Microsoft Disc Operating System), aínda que baseado nel. No 1995 lanzou a liña Power Macintosh e no 1998 os iMac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación escrita en linguaxe Java e pensada especialmente para que poida executarse nun contorno multiplataforma como a Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de rede de área local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Wisconsin, EE UU, á beira do río Fox (56.377 h [1980]). Dedicada principalmente á industria papeleira, é sede do Institute of Paper Chemistry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das capas da ionosfera, coñecida tamén como rexión F, que funciona como reflectora nas telecomunicacións a longa distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Estudiou no Saint John’s College de Cambridge e traballou, como axudante de Ernest Rutherford, no laboratorio Cavendish. Interesouse pola propagación das ondas electromagnéticas, que máis tarde aplicou ao desenvolvemento do radar. A partir dos estudios sobre a ionosfera e a reflexión nela das ondas de radio definiu unha nova capa atmosférica á que se lle deu o seu nome. Recibiu o Premio Nobel de Física no 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Grecia, ao L do Peloponeso, ocupado por pequenas illas como a de Spetsai na entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico e doutor en Teoloxía. Foi abade dos mosteiros de Sobrado e Meira. Escribiu Epítome de la vida de la V. Madre Ana de Jesús, discípula de Santa Teresa (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe bieito e historiador. Centrou a súa investigación no mosteiro de Samos e na Ribeira Sacra. É autor de diferentes artigos publicados en obras colectivas (El monacato en Galicia, 1972, de Hipólito de Sá Bravo) e revistas; así mesmo, é autor da Novena biográfica del glorioso San Pedro de Mezonzo, autor de la Salve (1942) e da Historia del Real Monasterio de Samos (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protoplasto considerado primitivo, aínda non diferenciado en núcleo e citoplasma, como os das cianofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coller e levar todo o que hai nun determinado lugar, xeralmente de forma violenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica que ten por obxecto construír unha nova articulación mediante a interposición de próteses para substituír outra destruída ou anquilosada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza lateral de cada segmento dos artrópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación formada polas centrais de medios de España que pretende unificar os proxectos de formación e defensa dos intereses das empresas asociadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1980 por unha trintena de artistas, críticos e persoeiros do eido da cultura baixo a presidencia de Xulio Maside. O seu fin prioritario é promover o desenvolvemento e perfeccionamento da cultura artística galega entre os seus membros e no ámbito social, así como a defensa e pulo da arte na escultura, na ornamentación ambiental, no gravado, na arquitectura, etc. Xunto coa Asociación de Artistas de Pontevedra e a Asociación de Artistas de Ourense, constituíu a Federación Galega de Artistas Plásticos en 1990 coa presidencia de Miguel Mosquera. Froito do dinamismo cultural promovido por esta asociación, creouse o Grupo Nome integrado polos pintores X. Maside, X. G. Pardiñas, Morquecho, Bibian, Anselmo Lamela, Quintana Martelo e a escultora Mª Xosé Díaz. Actualmente está obsoleta, só ten existencia a nivel enunciativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de bazo.

    VER O DETALLE DO TERMO