"PLA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 722.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de modelar en cera. Practicada polos exipcios, gregos e romanos, especialmente en máscaras funerarias ou figuras con finalidade rememorativa, acadou certa importancia na Idade Media grazas aos exvotos, ás imaxes de santos e aos cirios decorados. Durante o Renacemento destacou en Florencia Andrea del Verrochio. No s XVI e, sobre todo, no s XVII cobrou un novo impulso, especialmente coa elaboración de medallóns, entre os que destaca o retrato de Luís XIV, obra de Antoine Benoist. No s XVIII as exhibicións de figuras de cera chegaron a ser populares en Francia. Philippe Curtius estableceu en París en 1761 un museo de figuras de cera que foi o núcleo do museo que a súa sobriña Marie Grosholtz, coñecida como Madame Tussaud, trasladou a Londres en 1802. Logo creáronse outros museos semellantes, entre eles, o de París, fundado en 1882 polo caricaturista Alfred Grévin. O éxito popular destes museos, nos que o kitsch ten un papel importante, procede do atractivo exercido sobre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina de cor azul, constituínte normal do sangue, cun peso molecular aproximado de 160.000. No organismo humano serve para a condución do cobre polo sangue.
-
LAGOS
Lago da cordilleira dos Apalaches, entre os estados de Vermont, Nova York (EE UU) e a provincia de Québec, no Canadá (1.500 km2). Foi descuberto en 1609 polo explorador francés Samuel de Champlain.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e colonizador francés. Na primeira expedición a Nova Francia (1603) explorou o río San Lourenzo ata a actual Montreal; na segunda, en 1604, explorou a costa atlántica ata Cape Cod. Intentou establecer unha colonia (Port Royal) en Nova Escocia. En 1608 volveu a Canadá e fundou a colonia de Québec. No curso dunha expedición contra os iroqueses descubriu o lago que leva o seu nome. Estableceu unha factoría na actual Montreal e foi nomeado lugartenente do príncipe de Condé en Nova Francia. No ano 1629 capturárono e tivo que render Québec aos ingleses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mastigosoma.
-
PERSOEIRO
Patriarca ecuménico (596). Acolleu a viúva e os fillos do Emperador Mauricio, perseguidos a morte por Focas; como consecuencia, foi privado de moitos dos privilexios que lle outorgara o seu antecesor, sufriu persecución e foi asasinado. É venerado como santo polos ortodoxos e celébrase o 27 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se denominaba en Brasil á República Oriental del Uruguay durante o período en que estivo baixo o seu dominio (1821-1828). A expedición dos Treinta y tres orientales, liderada por Lavalleja, separou esta provincia de Brasil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de cor amarela alaranxada que se funde a 207°C. Compórtase de forma semellante aos axentes alquilantes, de xeito que impide a síntese de ADN. Emprégase en medicina como antineoplásico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración na forma ou función das células. Particularmente, refírese á alteración histolóxica producida na substitución reversible dunha célula adulta por outra tamén adulta, de xeito que se experimenta un cambio tisular de morfoloxía e función.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituínte fundamental da célula, delimitado pola membrana plasmática e pola membrana nuclear, onde van incluídos todos os restantes elementos celulares. Co microscopio óptico aparece como unha masa fluída e homoxénea, máis ou menos transparente, a miúdo máis refrinxente ca a auga. Durante moito tempo admitíronse tres partes fundamentais no citoplasma: o ectoplasma ou citoplasma periférico, practicamente adherido á membrana esquelética celular; o tonoplasma, que limita cos vacúolos; e o endoplasma, que corresponde co resto. A súa composición química varía moito dunha célula a outra e tamén conforme ás funcións celulares. A auga é vital para o citoplasma e a súa proporción é moi distinta entre as diferentes células segundo o seu estado fisiolóxico. Pode darse en tres formas: auga ligada, que forma parte dun determinado número de moléculas; auga libre, que circula polos tecidos e enche os vacúolos; e auga de imbibición (a forma máis...
-
-
Relativo ou pertencente ao citoplasma.
-
Nome aplicado a un orgánulo celular do citoplasma ou a unha inclusión citoplasmática.
-
ciclose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cloroplasto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo de proteína e clorofila con actividade enzimática sobre a fotólise da auga na fotosíntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orgánulo propio da célula vexetal, onde ten lugar a fotosíntese. Ordinariamente é de cor verde, pola clorofila que contén, aínda que pode estar enmascarado por outros pigmentos (carotenos, ficobilinas). Ten formas variables nas algas, pero nos briófitos e nas plantas superiores é biconvexo, cunhas dimensións de 3-10 μm de diámetro e 1-2 μm de grosor. A miúdo, os cloroplastos circulan polo citoplasma e incluso poden orientar as súas superficies de acordo coa luz. No seu interior adoita presentar unhas estruturas moi refrinxentes, como os pirenoides (que conteñen amidón) e gránulos de amidón independentes. O cloroplasto está limitado por unha dobre membrana, constituída por dúas membranas unitarias. A membrana interna continúa no interior do cloroplasto nun sistema membranoso de lamelas ou tilacoides, onde se concentra toda a clorofila. As lamelas fusiónanse terminalmente por parellas formando uns sáculos, que se amontoan e constitúen os granas....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido cloroplatínico ou hexacloroplatinato(IV) de hidróxeno. Contén o radical divalente [PtCl6]2-.
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido cloroplatínico.
-
Hexacloroplatinato(IV) de hidróxeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto propio das augas pouco iluminadas, que se atopa a unha profundidade que oscila entre os 30 e os 500 metros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto para a cooperación e o desenvolvemento económico do sur e sueste asiáticos ideado na cidade de Colombo en 1950, que entrou en vigor no ano 1951. Os 24 países que o forman divídense en dous grupos: os países desenvolvidos de fóra da área (Australia, Canadá, EE UU, Reino Unido, Xapón e Nova Zelanda) que se comprometen a proporcionar axuda económica e asistencia técnica, e os países da área beneficiarios desa axuda, como a India, Sri Lanka e Tailandia, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica plástica que se efectúa sobre a vaxina e a vexiga urinaria.
-
-
Cirurxía plástica da vaxina.
-
Creación dunha vaxina artificial en caso de ausencia conxénita ou de atresia importante.
-