"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
-
Hormona adrenocorticotrópica.
-
Mediador químico producido no hipotálamo que ten como destino a adenohipófise, na que determina a liberación ao sangue da hormona adrenocorticotrópica que tiña almacenada.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Santiso onde está a capital do concello de Ponteceso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Descenso lento das vertentes non rochosas, que consiste no desprazamento das partículas soltas, causada entre outros motivos por raíces, xeo ou auga. Este movemento non é perceptible a simple vista, pero o seu efecto é visible na posición de postes, pedras, etc. Tamén recibe o nome de creptación.
-
PERSOEIRO
Soprano francesa. Considerada como unha especialista en Wagner, debutou en 1950 na Opéra de París. Posteriormente actuou, entre outros escenarios, no Covent Garden de Londres (1960) e na Metropolitan Opera House de Nova York (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome do latín Crispinus, cognome romano derivado de crispus ‘de pelo crecho’. San Crispín é un dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII). Como o seu irmán xemelgo san Crispiniano (s III), é un mártir cristián. Fuxindo da persecución de Diocleciano, ambos os dous se instalaron en Soissons (Francia) e aprenderon o oficio de zapateiro, pero foron apreixados e martirizados por orde do Emperador Maximiano. Na iconografía os santos xemelgos, patróns dos zapateiros e doutros traballadores do coiro, represéntanse sempre xuntos e coas ferramentas de zapateiro como atributos; ás veces traballando no seu obradoiro e outras con algúns dos instrumentos dos seus martirios. A súa festa celébrase o 25 de outubro.
-
PERSOEIRO
Pintor. Instalouse en Santiago de Compostela cara ao 1628, onde traballou como pintor da catedral e lenguajero, encargado de informar os estranxeiros dos nomes das reliquias. Foi o autor da pintura que recubría as figuras do arco central do Pórtico da Gloria (1651?). Realizou tamén un retrato do arcebispo Alonso III Fonseca.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Aliñación montañosa do O da Serra do Xurés (ou Gerês) que marca o límite internacional de Portugal e España (na parroquia de Río Caldo do concello de Lobios). Na parte galega, é dicir, na vertente setentrional, forma parte do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, mentres que na parte portuguesa se inclúe no Parque Nacional da Peneda-Gerês. Esténdese en dirección O-L ao longo duns 3 km e o seu cumio acada os 1.266 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cuspidela.
-
-
Expulsar pola boca pouca cantidade de cuspe, pero moi a miúdo.
-
Cuspir a palma dunha man para lograr unha mellor suxeición á hora de agarrar algunha cousa, especialmente unha ferramenta.
-
Cuspir na punta dos dedos cando se está a fiar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cuspidela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuña de madeira que se emprega para abrir e cerrar o arado de pao.
-
GALICIA
Escritor. Compaxinou o seu traballo como funcionario da delegación provincial de Facenda en Pontevedra co mundo das letras e da lingüística. É autor dunha gramática titulada El habla gallega. Observaciones y datos sobre su origen y vicisitudes (1868), que contén unha antoloxía e que segue en exceso os modelos das gramáticas do castelán. No terreo lexicográfico realizou un Dicionario gallego-castellano (1876) (o seu título completo é Dicionario gallego, el más completo en términos y acepciones de todo lo publicado hasta el día, con las voces antiguas que figuran en códices, escrituras y documentos antiguos, términos familiares y vulgares y su pronunciación. Para la Escuela de Diplomática, anticuarios, jueces, abogados y otras personas a quienes es indispensable). Para elaborar este dicionario tivo como referencia o que publicara no 1863 Francisco Xavier Rodríguez. Formalmente está coidado xa que intenta achegarse aos estándares da época; nel...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor chileno. Participou no golpe de estado de 1932 e foi elixido presidente da República Socialista de Chile entre xuño e outubro dese ano. En 1940 redactou o Plan Dávila, polo que se creou a Comisión Interamericana para el Desarrollo e converteuse no segundo secretario xeral da OEA en 1954-1955. Colaborador do xornal El Mercurio (1914), director de La Nación (1917-1927) e fundador da revista chilena Hoy (1932), foi tamén autor de Our America (A nosa América, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obtención de aminas primarias, mediante a reacción entre haluros de alquilo con hexametilentetraminas e a posterior hidrólise dos sales cuaternarios que se forman.
-
PERSOEIRO
Político chinés. Estudiou en Francia (1921-1924) e na URSS (1925-1926). De regreso a China, colaborou na fundación do Exército Vermello (1929) e participou na Longa Marcha (1934-1935). Na Segunda Guerra Mundial integrouse, como oficial político, no exército que se enfrontou ás tropas xaponesas. Logo do establecemento da República Popular de China, o 1 de outubro de 1949, accedeu aos cargos de viceprimeiro ministro do Consello de Estado (1952), secretario xeral do Comité Central do Partido Comunista Chinés (1954) e membro do Politburó (1955). Durante a Revolución Cultural (1966-1969) sufriu duras críticas, foi cesado dos seus cargos e desapareceu da vida política. No 1973 volveu á política e, coa axuda do primeiro ministro Zhou Enlai, foi nomeado membro do Politburó (1974-1976) e viceprimeiro ministro (1975-1976). Despois da morte de Mao Zedong (1976) foi nomeado de novo viceprimeiro ministro (1977-1980) e dirixiu a desmaoización do país, que se iniciou co Proceso de Pequín contra os sectores...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Quitar ou levantar a pintura dunha cousa pintada.
-
Cambiar ou alterar unha cousa, especialmente un suceso que se narra.
-
Perder a pintura unha cousa pintada.
-
-
GALICIA
Política e mestra. Membro do Partido Popular, foi deputada no Congreso de los Diputados na cuarta e quinta lexislaturas, no período comprendido entre 1992 e 1996, e senadora na sexta lexislatura (1996-2000) pola circunscrición da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pedro do Incio (O Incio). Edificado en 1485 por Rui Sánchez de Orozco, reconstruíuse en 1550, e despois, en 1730, por Rodrigo Ozores e Losada. Ten planta en forma de L e dous pisos en altura cunha escalinata de acceso. Conserva unha torre pegada de planta cadrada, unha capela independente de planta circular con cúpula e lanterna e cun pequeno retablo barroco, e diversas construcións adxectivas como o pombal e os alpendres. No exterior destacan a muralla e a porta de acceso cos brasóns que aluden ás familias Ribadeneira, Somoza, Losada e Quiroga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de dopar ou doparse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica pitórica, creada por Jackson Pollock, que consiste en verter as cores sobre unha tea estendida no chan. A súa orixe está no automatismo dos surrealistas. Supón unha maior implicación do corpo do artista na creación da obra ao desprazarse polo lenzo e, polo tanto, un maior desgaste físico.