Cruz do Piñeiro, serra da

Cruz do Piñeiro, serra da

Aliñación montañosa do O da Serra do Xurés (ou Gerês) que marca o límite internacional de Portugal e España (na parroquia de Río Caldo do concello de Lobios). Na parte galega, é dicir, na vertente setentrional, forma parte do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, mentres que na parte portuguesa se inclúe no Parque Nacional da Peneda-Gerês. Esténdese en dirección O-L ao longo duns 3 km e o seu cumio acada os 1.266 m.