"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PERSOEIRO

    Filla de Xaime II e Branca de Anjou. En 1316 tomou o hábito dos hospitaleiros na catedral de Tarragona. Foi educada no mosteiro de Sixena onde foi priora en 1321. Renunciou ao priorado e pasou os seus últimos anos en Barcelona xunto á súa irmá María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (2.019 h [1996]). Situado entre os ríos Jalón e o seu afluente, o Aranda, na conca do Ebro; a súa economía baséase na agricultura (destacando os cultivos de cereais, produtos hortícolas e árbores froiteiras) e na industria do calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora colombiana. Nos seus inicios formou parte do nadaísmo. É autora de novelas, contos, obras de teatro, relatos infantís e xuvenís, e guionista de televisión e radio nas que o amor, a morte os soños e o mundo máxico son elementos dominantes. Publicou, entre outras obras, El hostigante verano de los dioses (1963), Las istancias doradas, colección de relatos que inclúe El hombre de paja (Premio Nacional de Teatro, 1964), Cola de perro (1970), La otra gente (1973), Bahía sonora (1976), Los pañameros (1979), Los amores de Afrodita; cuatro cuentos y una novela breve (1983), Líbranos de todo mal! (1989) e La señora de miel (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área de Interese Natural de Galicia, incluída no Parque Natural das Fragas do Eume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual aparecida a partir de 1856 e coñecida popularmente como O Zaragozano. Na súa portada aparecía o título de El Firmamento acompañado do nome, Calendario Zaragozano, e xunto a estes un gravado que retrataba ao autor. Dividíase internamente en meses, achegaba información sobre eclipses de Sol e Lúa, sobre festas e o calendario eclesiástico. Amais, cada mes tiña cadanseu santoral, fases da Lúa coa indicación do tempo, saídas e postas do Sol e unha lista de feiras de toda España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta restritiva do Consello de Aragón que resolvía cuestións de tipo particular, tanto persoais coma locais. Estaba integrada xeralmente por representantes do país ou da rexión afectada. Ao ser suprimido o Consello de Aragón en 1707, a Cámara quedou adscrita ao Consello de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos ou pequenas árbores caducifolias da familia das fabáceas, que teñen follas pinnadas, estípulas que moitas veces se transforman en espiñas, e flores xeralmente amarelas. Son orixinarios das zonas áridas de Asia oriental e cultívanse como plantas ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, narrador e xornalista romanés. En 1888 dirixiu os teatros nacionais de Bucarest. En dúas ocasións negóuselle o acceso á Academia Romanesa pola súa actitude política e polo contido crítico das súas comedias. Estableceuse en Berlín en 1904. Publicou O noapte furtunoas ǎ (Unha noite tempestuosa, 1878), Conu Leonida faţ ǎ reactiunea (O señor Leonidas e a reacción, 1879), O scrisoare pierdut ǎ (Unha carta perdida, 1884), e o drama N ǎ pasta (A calumnia, 1890), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Exiliouse a México onde realizou a súa obra. Publicou os libros de poemas Luna Park (1924) e El hombre y la encrucijada (1950), e diversas obras de ensaio como Guatemala, las líneas de su mano (1955) e Guatemala con una piedra adentro (1983), nas que expresaba a nostalxia do seu país. Recolleu as súas ideas estético-literarias en Perfiles (1964) e Dibujos de ciego (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. En 1926 participou no golpe de estado do xeneral Gomes da Costa, que derrocou o goberno, e no triunvirato que exerceu o poder. Foi nomeado ministro de Estado e, posteriormente, xefe do goberno ditatorial contra o que se produciron as sublevacións do Porto e Lisboa. Chegou á presidencia da República no 1928, mentres Salazar ocupaba o cargo de presidente de goberno. Foi reelixido en 1935, 1942 e 1949, apoiando a política de Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre. Foi o creador, a finais de 1932, da Escuela Rural de Budiño (O Porriño) na que funcionou, ata o 1936, unha Cooperativa Rural Escolar Anexa a la Escuela Nacional de Niños (CREANN). Durante a Segunda República esta escola foi visitada por grupos de mestres que celebraban as semanas pedagóxicas dentro dos programas das Misiones Pedagógicas. Nel influíron tanto os escritos de Joaquín Costa como de López Otero. É autor de varios escritos onde deixou constancia da experiencia do seu proxecto: “La Escuela Rural. Proyecto y ensayo en Budiño (Porriño)”, memoria redactada en 1940; “La Cooperativa Rural Escolar de Porriño (CREANN)”, artigo publicado en El Magisterio Español e tamén publicou varias colaboracións no Boletín de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estableceuse en Pontevedra no 1881. No seu obradoiro imprimíronse as revistas La Voz de Suevia (1881-1882), El Trueno (1885), Galicia Cómica (1885-1886), El Látigo (1889) e a Unión Republicana (1892-1989) e, entre outros, os libros: Colección de poesías gallegas (1882), de F. Portela Pérez; Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), de Augusto González Besada; Pelra antre seixos (1888), de Rogelio Lois; Homenajes dedicados a la memoria del difunto filósofo y eximio escritor Indalecio Armesto (1890) e Un café flamenco en Galicia y otras poesías, de E. Labarta. Trala súa morte a imprenta pasou á súa viúva e aos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucilaxe hidrocoloide formado por sales de calcio, potasio, sodio, amonio, magnesio e anhidrogalactosa e por sales de ésteres sulfúricos de polisacáridos derivados da galactosa. Obtense das algas vermellas dos xéneros Chondrus e Gigartina e preséntase en forma de pos. Forma xeles coa auga e estabiliza emulsións e suspensións. Utilízase moito na industria alimentaria como aditivo en derivados lácteos, en produtos cun contido enerxético reducido e en derivados da froita; en farmacia como emoliente, laxante e pectoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e mestra. Deuse a coñecer no eido da narrativa en 1991 coa novela xuvenil Mutacións xenéticas e posteriormente publicou, entre outras obras: Dúas bágoas por Máquina (Premio Merlín, 1991), A noite dos coroides (1993), Asústache, Merche! (1994), Chamizo (1994), O misterio dos fillos de Lúa (Premio O Barco de Vapor, 1994 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 1996), O estanque dos parrulos pobres (Premio EDEBÉ de Literatura Infantil, 1995), Prohibido casar, papá! (1996), Sobrevives? (1996) e Puag, que noxo! (1997), Cuca e o abrigo marrón (1998), Bicos de prata (2000) e La máscara de palma (2000). Investigadora en temas gastronómicos e etnográficos publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada (1993), Festas gastronómicas de Galicia (1994) e Repostería en Galicia (1997). No campo da escrita dramática e do teatro escolar,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Bailén e marqués de Portugalete. Loitou contra Inglaterra, principalmente na conquista de Menorca (1782) e no asedio de Xibraltar. En 1802, ascendido a tenente coronel, foi nomeado gobernador do Campo de Xibraltar (1782). Ao iniciarse a guerra contra Napoleón, formou un exército improvisado e derrotou o xeneral Dupont en Bailén (1808), vitoria que lle valeu o título de duque de Bailén en 1883. En 1810 foi presidente da Rexencia e mostrouse contrario ás Cortes de Cádiz. Co restablecemento absolutista de Fernando VII, foi nomeado capitán xeneral de Catalunya (1815). O fusilamento do xeneral liberal Luis Lacy deulle unha grande impopularidade (1817). En 1820 obrigárono a dimitir despois de aclamar a Constitución. Á morte de Fernando VII (1833), mantívose fiel a Isabel II e ocupou cargos políticos importantes, foi membro do Consello de Rexencia, presidente do Consello de Estado, presidente do Congreso e titor de Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos trazos lingüísticos que caracterizan a lingua falada na zona xeográfica de contacto entre o catalán e o aragonés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1509-1536), filla dos reis Católicos e nai de María Tudor. En 1502 casou con Arturo, príncipe de Gales, e, trala morte deste, co seu irmán, Enrique VIII de Inglaterra. Rodeouse de serventes casteláns e foi protectora dos humanistas. A falta de sucesión masculina e a paixón do rei por Ana Bolena conducírono a anular o primeiro matrimonio (1531) sen esperar pola decisión papal (1533), o que provocou a ruptura con Roma e o inicio do cisma anglicano. Estivo recluída nos castelos de Hampthill (1531), Bucken (1533) e Kimbolton (1535), pero nunca renunciou ao título de raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1662-1685) e rexente de Portugal (1704-1705), filla de Xoán IV. Casou en 1662 con Carlos II de Inglaterra. Trala morte do rei trasladouse a Somerset e en 1696 regresou a Portugal, onde foi rexente durante a enfermidade do seu irmán Pedro III.

    VER O DETALLE DO TERMO