"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coller e levar todo o que hai nun determinado lugar, xeralmente de forma violenta.
-
GALICIA
Licenciado en Dereito. Foi cronista oficial da súa vila natal e escribiu varias obras, sobre todo de carácter histórico. Publicou El Serafín de Asís y su Orden Tercera (1910), Reconquista de Santiago en 1809, Muros: Páginas de su historia (1922) e Da nosa terra. Folklorismo e historia (1936), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de asegurar.
-
Forma de tutela xurídica que comporta a adopción de determinadas medidas permitidas pola lei en previsión de futuros danos ou prexuízos que poida sufrir o ben xurídico asegurado.
-
Aseguramento establecido xudicialmente polo que o demandante nun xuízo non pode malversar as cousas que son obxecto específico do litixio; consiste nun conxunto de medidas destinadas a garantir a efectividade da futura resolución xudicial.
-
Conxunto de medidas previstas legalmente para garantir a efectividade da restitución do dote por parte do marido. Consiste na constitución, por parte deste, dunha hipoteca dotal, e na inscrición dos bens no rexistro da propiedade a nome da muller.
-
-
-
Acción e efecto de asesorar ou asesorarse.
-
En educación o termo asesoramento ten connotacións distintas segundo se trate dende o eido da pedagoxía ou da psicoloxía, aínda que os propósitos sexan finalmente coincidentes. Así, se en xeral entendemos por asesoramento calquera acción que teña por finalidade asistir ou axudar a outro, no campo educativo, e dende un punto de vista estritamente pedagóxico, habería que falar de axuda en tarefas de programación global, coordinación de departamentos, selección de métodos axeitados para un mellor aproveitamento educativo tanto a nivel individual como colectivo, etc. Non obstante , diante das necesidades cada vez maiores que os sistemas educativos precisan, o asesoramento en educación ten nestes momentos un marcado carácter psicopedagóxico, que estende as súas competencias moito máis aló de cuestións puramente informativas ou de tratamento de casos específicos de educación especial. Habería que falar, pois, de asesoramento educativo dende tres puntos de vista ou enfoques perfectamente diferenciados...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade dun elemento que pesa, en gramos, o valor expresado polo seu peso atómico. Un átomo-gramo de calquera elemento contén o mesmo número de átomos (número de Avogadro).
-
-
Acción e efecto de atrincheirar ou de atrincheirarse.
-
-
Estrutura de trincheiras para a defensa dunha posición militar.
-
Toda obra defensiva, permanente ou de campaña.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico obtido co audiómetro, que indica o límite de audición dun individuo nunhas certas frecuencias. Permite medir o grao e a etioloxía da xordeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante básico do grupo do difenilmetano. Obtense condensando a dimetilanilina e o aldehido fórmico. Emprégase como colorante de fibras animais, como antiséptico e como funxicida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antón Avilés Vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de avinagrar ou avinagrarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de azorar ou azorarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome das dúas celebracións principais do Islam nos países de lingua turca: a festa pequena, do final do xexún Küçuk bayram (ár: ‘īd al- ṣ a ḡ īr), e a grande ou do sacrificio, Büyük bayram (ár: ‘īd al-Kabīr).
-
GALICIA
Médico. Foi profesor de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía (1932), e director do Sanatorio Baltar (1934-1963) e do Gran Hospital, ambos en Santiago de Compostela. Estudiou o ambiente histórico e médico do s XVIII na obra Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (1961). Así mesmo, referiuse á relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo “Castelao médico” e a obra Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (1979), onde se recollen algunhas das ilustracións de temática médica realizadas por Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Latinista. Profesor de Latín na Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en lexicografía latina e etimoloxía, tanto galega como latina. É autor de Fauna itológica en latín (1975). Participou nas obras colectivas Ramón Otero Pedrayo: a súa vida e a súa obra: homaxe da Galicia Universal (1958), Humanitas: estudios en homenaxe ao Prof. Dr. Carlos Alonso del Real (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998). Colaborador habitual das revistas Verba, Encrucillada, Museo de Pontevedra e Compostellanum. Foi delegado provincial da consellería de Cultura e Deportes do goberno de González Laxe (1987-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade económica con sede en Washington, dependente da Organización de Estados Americanos, que o fundaron o 31 de decembro de 1959 como organismo financeiro independente, aínda que na práctica está controlado polo goberno dos EE UU. Os seus obxectivos son captar fondos e investimentos para o fomento da economía de mercado nos países do Caribe e de América central e do sur, coa finalidade de orientar a política de desenvolvemento económico dos países membros. Ademais dos fundadores (21 estados de América Latina e os EE UU), posteriormente se integrou nel Canadá, Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia, España e Xapón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Vjažla, Tambov 1800 - Nápoles 1844). Poeta ruso. Influído polos románticos alemáns, tratou temas filosóficos cun profundo pesimismo. Cómpre subliñar os seus poemas narrativos Eda (1824), Bal (‘O baile’, 1828) e Tsyganka (‘A xitana’, 1831).
-
PERSOEIRO
Compositor. Formado en Madrid e Darmstadt, pertence á Xeración do 51. A súa traxectoria musical abrangue case todos os xéneros dentro dun sistema persoal de harmonía no ton. Fundou Nueva Música (1958) e A Aula de Música del Ateneo de Madrid (1959) e en 1977 a Asociación de Compositores Sinfónicos Españoles (ACSE), da que foi presidente ata o 1988. Recibiu o Premio Nacional de Música (1973). Entre as súas composicións destacan: Objetos sonoros (1963), Alfa (1965), Desierto sibilino (1978), Itálica (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico obtido cun barógrafo.
-
GALICIA
Perito e profesor mercantil. Foi profesor de Contabilidade Superior e Cálculo e de Custos de Produción na Escola de Mandos Intermedios da Cámara de Comercio de Pontevedra e presidente da Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra (1969-1973). Publicou O aforro e a inversión en Galicia (1973), O aforro e a inversión na Galicia: Unha aproximación ao capitalismo galego (1975) e Autonomía e necesidade de control do aforro galego (1979). Obtivo varios premios de ensaio sobre a situación económica de Galicia e colaborou en distintas publicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Contemporánea de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Ademais, realizou estudos de Economía, Teoloxía e Filosofía e Letras. Centrou a súa investigación na historia contemporánea de Galicia, tanto dende unha perspectiva económica como política e xurídica, aínda que se especializou nestes últimos eidos. Ao longo da súa traxectoria profesional, estudou o enfrontamento entre os liberais e os absolutistas no primeiro terzo do s XIX, o levantamento progresista de 1846, as ideas ilustradas e a súa influencia na construción do galeguismo e no reformismo universitario, a política relixiosa no s XIX e diferentes movementos políticos como o galeguismo e o federalismo. É autor de numerosas historias de Galicia: Galaxia (1979), Gamma (1982-1984) e...
VER O DETALLE DO TERMO