Banco Interamericano de Desenvolvemento
Banco Interamericano de Desenvolvemento
Nome científico:
[BID; ingl: Interamerican Development Bank, IDB]
Entidade económica con sede en Washington, dependente da Organización de Estados Americanos, que o fundaron o 31 de decembro de 1959 como organismo financeiro independente, aínda que na práctica está controlado polo goberno dos EE UU. Os seus obxectivos son captar fondos e investimentos para o fomento da economía de mercado nos países do Caribe e de América central e do sur, coa finalidade de orientar a política de desenvolvemento económico dos países membros. Ademais dos fundadores (21 estados de América Latina e os EE UU), posteriormente se integrou nel Canadá, Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia, España e Xapón.