Banco Hispano Americano
Entidade bancaria, de carácter comercial, constituída en Madrid no ano 1900 por A. Basagoiti con capital repatriado de Cuba, México e Porto Rico, para fomentar o intercambio entre España e América Latina. Foi o primeiro banco español que puxo en práctica o modelo comercial de banca e captación de contas correntes, desconto comercial e importante rede de oficinas. O seu carácter comercial quedou subliñado no Pacto das Jarillas (1944) co Banco Urquijo, no cal o intercambio de accións acentuaba o carácter comercial e industrial dun e doutro respectivamente. No 1982, a petición do Banco de España, fíxose cargo da xestión do Banco Urquijo e de Bankunión, e adquiriu o control do seu accionariado. No ano 1991 fusionouse co Banco Central, que foi a entidade absorbente, dando lugar ao Banco Central Hispano (BCH).