Banco Intercontinental Español

Banco Intercontinental Español

ou Bankinter Entidade bancaria constituída en 1965 como banco industrial e de negocios, con participación ao 50% do Banco de Santander e do Bank of America. Actualmente é unha entidade independente, sen contar entre os seus accionistas cos socios fundadores. Entre 1970 e 1985 Bankinter comezou un forte proceso de expansión. En 1972 comezou a operar con produtos tipicamente comerciais e a financiar grandes e medianas empresas. A partir de 1990 comezou a darlle importancia ás diferentes canles de distribución de produtos e servicios bancarios (banca telefónica, banca electrónica ou Internet).