"RAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos engráulidos, ao que pertence o bocarte.
-
PERSOEIRO
Aventureira. Coñecida como a Monxa Alférez, fuxiu do seu convento, viaxou por España e América vestida de home e tivo diversos oficios, como o de soldado. Atribúeselle a autobiografía Historia de la Monja Alférez Doña Catalina de Erauso, escrita por ella misma, considerada apócrifa por algúns críticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se localiza ou desenvolve fóra do útero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autor do primeiro texto da literatura dramática galega, o entremés titulado La contienda de los labradores de Caldelas e máis coñecido como Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, escrito arredor de 1671 e que se conserva nun manuscrito do século XVII depositado na Biblioteca Nacional de Madrid. Non existen datos fiables respecto deste autor, a súa procedencia e as súas ocupacións, aínda que semella ter sido persoa culta, oriúnda da raia do Miño.
-
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor ourensán. Foi autor dunha Historia civil y genealógica de Galicia (inédita) e, segundo M. Murguía, da falsificación, xunto co seu irmán, da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños. Traduciu as Xeórxicas de Virxilio (1686).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto. Licenciado en Canons e Leis pola Universidad de Salamanca, foi bolseiro do colexio de Fonseca antes de obter a cátedra de Clementinas (1586). Elixido membro do Consello de Indias, participou na elaboración das Leis de Indias. Foi autor, segundo M. Murguía, xunto co seu irmán, da falsificación da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando e da Curia Filípica, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor na École Polytechnique, participou nos debates de máis polémica en Francia. Influenciado por H. Arendt e M. Kundera, criticou o mundo moderno cualificándoo de despiadado e cruel. Das súas obras destacan Le Juif imaginaire (1983), Le défaite de la Pensèe (1987) e Comment peut-on être croate? (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina que fundou Robert d’Abrissel en 1099. Formáronse tres comunidades que estaban baixo as ordes dunha abadesa: unha de monxes, outra de monxas e outra de relixiosos segrares. O concello de Fontevrault-L’Abbaye (Anjou) débelle o nome a esta abadía. Suprimiuse en 1792.
-
GALICIA
Pintor. Durante a súa infancia viviu en diferentes cidades e en 1913 instalouse en Huelva, onde iniciou estudios de debuxo e pintura e realizou as primeiras exposicións. Instalouse en Madrid en 1916 e comezou estudios de pintura na Escuela de Bellas Artes de San Fernando baixo a tutela de Antonio Muñoz Degrain. Presentouse á Exposición Nacional de 1916 con cadros Luces e Cercanías de Madrid. En 1917 elixírono para formar parte da primeira exposición dos pensionados de El Paular. Conseguiu a bolsa de paisaxe e coñeceu a Armando Pin de la Tour, promotor barcelonés que organizou a súa primeira exposición nas Galerías Layetanas de Barcelona. Dos cadros desta época destaca Paisajes del Paular. Participou en numerosas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e acadou sucesivos galardóns. A partir de 1923, e grazas a un dos premios acadados, comezou a ser valorado. En 1925 integrouse na Sociedade de Artistas Ibéricos, coa que participou na exposición do Palacio do Retiro. Esta integración...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de enganar a alguén para prexudicalo ou obter vantaxe en detrimento del.
-
Engano consciente co que se prexudica a outro para beneficiarse.
-
Cousa de mala calidade ou que defrauda.
-
Acción contraria á lei, ou aos dereitos que dela se derivan, coa intención de tirar un proveito a costa do Estado ou doutros. Por si mesma non constitúe delito, pero é parte fundamental de moitos (estafa, quebra fraudulenta, etc) e é unha agravante xenérica.
-
Intención de prexudicar a alguén ou de aproveitarse dun erro seu en beneficio propio, tanto no momento de celebrarse un acto ou contrato como durante a súa execución.
-
Acción de falsear as declaracións ao fisco ou de cometer actos maliciosos en prexuízo deste, coa intención de eludir as obrigas fiscais.
-
Negocio xurídico que pode ser obxecto de rescisión cando o debedor, mediante o exercicio do dereito a dispoñer dos bens do seu patrimonio, priva aos seus acredores da posibilidade de satisfacer os seus créditos.
-
Acción realizada ao amparo do texto dunha norma encamiñada a obter un resultado contrario a dereito. Esta acción non impide a debida aplicación da norma que se pretendía eludir.
-
-
-
Calidade de fraudulento.
-
Cousa ou feito fraudulento.
-
-
-
Que emprega a fraude.
-
Que está feito con fraude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de difracción que se produce cando o foco emisor de ondas e a pantalla receptora se afastan infinitamente do dispositivo de difracción.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Descubriu que cada elemento químico ten un espectro característico, xa que absorbe ou emite determinadas lonxitudes de onda da luz con preferencia a outras. Investigou o espectro solar e descubriu as raias de absorción que levan o seu nome. Inventou diversos instrumentos ópticos, entre os que destacan un microscópio acromático, un micrómetro e un heliómetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de raias escuras que aparecen no espectro solar como consecuencia de que a cromosfera do Sol absorbe as radiacións que emite a fotosfera. Foron descubertas por Fraunhofer en 1814.
-
-
-
Instrumento aerófono, con embocadura de bisel, que ten forma de tubo cilíndrico. É un dos instrumentos de orixe máis antiga. As modalidades occidentais máis importantes son a frauta doce e a frauta travesa. A frauta doce, chamada tamén frauta de bico ou de Inglaterra, é un instrumento de madeira, de perforación cónica, cun buraco na parte posterior e oito na parte de diante. O tubo, parcialmente tapado por un fragmento de madeira, só deixa pasar un fío de aire, dirixido contra o bordo tallado oblicuamente. No s XV describíronse tres membros da familia (soprano, contralto e tenor), máis tarde ampliada a cinco (sopranino e baixa). A frauta doce foi substituída pola travesa na segunda metade do s XVIII por mor da súa feble sonoridade. A frauta travesa é un instrumento de tubo cilíndrico, con embocadura e seis buracos. Chámase así porque o instrumentalista sostena de través,...
-
Familia de instrumentos aerófonos que se caracterizan polo feito de producir o son mediante un bisel situado na súa embocadura, o cal, ao dividir o fluxo do aire que entra, fai entrar en vibración esta parte, que pasa ao interior do tubo resoador.
-
frauta de Pan
Instrumento aerófono, coñecido desde a Antigüidade. Consiste nun conxunto de tubos dispostos en fila que se poden facer soar de maneira sucesiva desprazando os seus buratos diante da boca.
-
-
Xogo de órgano, de tubos abertos e amplos e dunha sonoridade doce, similar ao da frauta.
-
Músico que toca a frauta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera de W. A. Mozart en dous actos con libreto de Emanuel Schikaneder estreada en Viena en 1791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento aerófono da familia das frautas, pero de dimensións máis reducidas ca as frautas de bico e ca as travesas e que soa unha oitava máis alta. Foi introducido na orquestra cara a finais do s XVIII. Chámase tamén pícolo ou oitavino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músico que toca a frauta.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Doutorado nas universidades da Sorbonne e de Moscova, foi membro do comité central do Parti Communiste Français (1945) e director do Centre d’Études et de Recherches Marxistes (1956). A súa oposición á invasión de Checoslovaquia (1968), valeulle a expulsión do Parti Communiste Français (1970). Nunha primeira época o seu pensamento centrouse na humanización do marxismo a través do achegamento ao Cristianismo e trala súa conversión ao Islam a través da fe mahometana. Entre as súas obras destacan Dieu est mort, Perspectives de l’homme (1961), Marxistes et chrétiens face à face (1969), Le projet espérance (1976), Promeses de l’Islam (1981) e Le testament philosophique de R. Garaudy (1985).
VER O DETALLE DO TERMO