Fontevrault

Fontevrault

Abadía beneditina que fundou Robert d’Abrissel en 1099. Formáronse tres comunidades que estaban baixo as ordes dunha abadesa: unha de monxes, outra de monxas e outra de relixiosos segrares. O concello de Fontevrault-L’Abbaye (Anjou) débelle o nome a esta abadía. Suprimiuse en 1792.