Fontfroide, abadía de

Fontfroide, abadía de

Abadía cisterciense situada no desfiladeiro das Corbiéres, ao SL de Narbonne. Fundada en 1097, integrouse no movemento cisterciense en 1146 pola súa filiación a Grandselva. Acadou a súa época de máximo esplendor entre os ss XII e XIV. En 1476 comezou a ser rexida por encomenda e neste momento iniciou a súa época de decadencia. O título de abadía foille, suprimido en 1791, e as rendas, uníronse á sé de Perpignan. Os cistercienses de Senanca (Provenza) compraron e restauraron os edificios monásticos e estableceron de novo a vida monástica desde 1858 ata 1905. A igrexa construíuse entre 1157 e finais do s XII. O claustro é tamén do s XIII. As demais partes da abadía son góticas, como a sala capitular, a adega, o refectorio e o dormitorio, e datan de 1180 a 1210.

Palabras veciñas

Fontes, pazo de | Fontevrault | Fonteyn, Dame Margot | Fontfroide, abadía de | Fontiña, A | Fontiñas Nius | Fontiñas, As