Fontiñas Nius

Fontiñas Nius

Publicación estudantil editada polos alumnos do I. B. Fontiñas en Santiago de Compostela a partir de 1990. Subtitulouse “Prensa en movimento” e contiña información do centro, comentarios sobre filmografía, música, pasatempos, horóscopo, enquisas e numerosas tiras de cómic.