"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o aspecto ou as características do pergamiño.
-
PERSOEIRO
Matemático grego, último dos grandes xeómetras helénicos. É famoso o seu tratado sobre as Cónicas, o libro oitavo que foi recuperado por E. Halley (1646). Fixo o estudo da elipse, da hipérbole e da parábola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de poemas transmitidos baixo o nome de Virxilio. A denominación aparece por vez primeira na edición da escolma feita por I. I. Scaliger (1573). A paternidade virxiliana da recompilación foi recoñecida pola Antigüidade e o Medievo. Poucos cren hoxe na autenticidade de todo o libro: sen dúbida só son virxilianos uns cantos epígrafes (2, 4, 5, 8 e 11); a maioría de textos restantes deberon ser escritos entre os ss I e II d C.
-
PERSOEIRO
Político húngaro, cabeza do Partido Conservador. Conde Apponyi. Vicechanceler (1844) e director da Chancelería de Hungría (1846-1848). No 1859 formou parte do Consello do Estado austríaco. Presidente da Cámara dos Nobres (1861-1864) e deputado (1865), secundou a política pactista de Deak (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano de orixe francesa que iniciou o seu labor artístico no teatro para finalmente asentarse en Hollywood. Dirixiu filmes dramáticos, de intriga policial e westerns interpretados por Hopalong Cassidy e Gene Autry. Posúe unha das filmografías máis longas de todo o cinema americano. Dirixiu, entre outras moitas películas, The iron ring (O anel de ferro, 1917), Diamonds and pearls (Diamantes e perlas, 1918), The trap (A trampa, 1918), The miracle of Manhattan (O milagre de Manhattan, 1921), Men of steel (Homes de aceiro, 1926), Lost squadron (O último escuadrón, 1932), Hotel Haywire (O Hotel Haywire, 1937), The woman of the town (A muller da cidade, 1943), Texas masquerade (Mascarada de Texas, 1944), Dangerous adventure (Aventura perigosa, 1947), The old west (O vello Oeste, 1952) e Last of the pony riders (O último dos xinetes, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Pequeno estado do Sacro Imperio situado no Eifel, entre Colonia e Jülich. No 1644 foi elevado a ducado como feudo inmediato do Sacro Imperio. No 1801 obtivo o rango de Ducado soberano, que perdeu no 1811, ocupado pola Francia napoleónica e incorporado ao Gran Ducado de Berg. No Congreso de Viena (1815), dispúxose que a maior parte do territorio quedase baixo soberanía do Reino de Hannover, e o resto baixo o Reino de Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedagogo e ensinante de finais do s XIX preocupado polas novas correntes pedagóxicas. Publicou: Método simultáneo para aprender a leer y escribir o Libro completo para la enseñanza de la lectura, escritura y ortografía práctica (1880) e La instrución primaria en España. Nueva y acertada organización de las escuelas de primera enseñanza con la explicación de las reformas modernas llevadas a la práctica en los países más ilustrados (1883). Nesta obra fixo un estudo das condicións que debe ter un local para impartir clases, propoñendo modificacións para mellorar as deficiencias que caracterizaban as nosas escolas; así mesmo, reivindicaba unha instrución agrícola práctica e informa sobre as orientacións educativas de Francia, Inglaterra e Bélxica.
-
GALICIA
Profesor e publicista pedagóxico. Comezou os estudios de Maxisterio na cidade das Burgas e logo trasladouse a Madrid á Institución Libre de Enseñanza (ILE). Emigrou á Arxentina onde exerceu como profesor de Matemáticas. Preocupado pola formación educacional, fundou a Escola Industrial chamada Asociación Industrial. Ademais foi o promotor e director pedagóxico das escolas nocturnas para obreiros, “Escuelas de Casa Galicia”. Como republicano convencido foi un dos fundadores do Centro Republicano Español en Bos Aires. Publicou en 1912 Puntos de vista educacionales, la escuela Argentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Navarra, afluente pola dereita do Aragón (149 Km). Nace no monte Adi, nos Pireneos, recibe o Ulzama pola dereita, pasa por Pamplona, e despois recibe o Araquil e o Salado. Pasa por Falces e desemboca no Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
debandoira.
-
GALICIA
Benedictino dos mosteiros de San Salvador de Oña, de Nájera e de Madrid. Publicou en Madrid La perla de Cataluña, historia de nuestra Señora de Monserrate (1677), que ten un claro ton polémico e xustificativo da represión da revolta catalana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero de grandes dimensións, de máis dun metro de altura, parecido a un carneiro. É de cor gris avermellada e, tanto os machos coma as femias, teñen os cornos moi longos e espiraliformes. Os argalís viven illados ou en grupos pouco numerosos (de 20 a 30 cabezas), nas zonas montañosas de Asia Central (Altai, Tibet, Siberia), a partir dos 1.000 m de altura. A súa carne é moi apreciada.
-
-
Actitude ou acción finxida coa intención de enganar.
-
Cousa de pouca importancia.
-
Actividade ou asunto difícil de resolver.
-
Obxecto ou conxunto de obxectos para entreterse.
-
-
-
Que argalla.
-
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘coitelo’.
-
-
-
Crear unha serie de mentiras e invencións.
-
Realizar unha serie de accións ás que se lles outorga pouca importancia.
-
Planear algo con obxectivos prácticos e efectivos.
-
Preparar algo no momento, cos medios cos que se conta.
-
-
-
Que idea mentiras.
-
Que lle gusta organizar festas e inventar bromas para divertirse ou rirse dos demais.
-
Que fai as cousas de mala maneira, sen arte.
-
Persoa que procura ter diñeiro da xente intervindo nos seus negocios e embelecándoa coas súas malas artes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘xeso’.
-
SERRAS
Aliñación montañosa do Baixo Miño que serve de límite entre os concellos de Oia e Tomiño. Ten unha dirección N-S e correspóndese cun batolito granítico nun contexto de xistos e paragneises. A súa máxima altitude é o alto da Pedrada de 519 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Argalo (Barbanza). Tamén é coñecido popularmente co nome de Cova da Moura. Conserva restos da mámoa na súa parte posterior. Foi violada repetidas veces na procura de supostos tesouros. No 1980 escavouse con metodoloxía arqueolóxica. A cámara ten planta poligonal, está formada por sete chantas e conserva dúas pequenas laxes de corredor. Está documentada a destrución da tampa a comezos do s XX. Posúe un anel pétreo que pecha o recinto do monumento. Desta anta proceden varios seixos-ídolos, puntas de frecha, cerámica e outras pezas datadas no Megalitismo medio, momento do seu máximo apoxeo.