"RSA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 131.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen terxiversa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Interpretar erroneamente un discurso ou un feito de maneira intencionada ou non.
-
RIOS
Río situado no centro e SO de Islandia. Nace no monte Hofsjökull e desemboca no Océano Atlántico, a poucos quilómetros ao O de Stokkseyri, tras un percorrido de 200 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que vai nunha dirección oblicua ou contraria a outra.
-
Que cruza ou atravesa algo no sentido oposto e dun lado ao outro.
-
-
Que se desvía da dirección principal.
-
Aplícase á recta que atravesa ou corta un sistema de rectas ou curvas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á curva alxébrica plana de xénero cero. A característica intuitiva das curvas unicursais é que poden ser percorridas dun só trazado (pasando, se cómpre, polo infinito). Un exemplo de curva unicursa é a cónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional encargado de coordinar e regulamentar os servizos postais entre os diferentes estados membros (case todos os do mundo). Creada na Convención de Berna (1874) co nome de Unión Postal Xeral, adoptou a denominación actual na Convención de París (1878). Desde 1948 constitúe un organismo especializado da ONU, con sede en Berna.
-
-
Relativo ou pertencente ao universo.
-
-
Que se estende a todo o mundo e a todos os homes.
-
Aplícase ao xuízo ou proposición en que o suxeito comprende a totalidade dos obxectos dunha mesma clase (todos os S son P). Pode adoptar a forma singular ao referirse a un xénero ou a unha especie (xuízo xenérico singular). A partir de Kant, aplicouse ao xuízo que ten as calidades de validez e necesidade admitidas por todos sen limitacións de espazo e de tempo, e a súa negación conduce ao escepticismo ou ao relativismo.
-
concepto universal
Concepto que non se refire a un só ente concreto, senón a un conxunto de individuos ou a calquera abstracto. Obxecto de polémica ao longo da historia da filosofía, a denominada cuestión dos universais determinou unha tripla posición ontolóxico-gnoseolóxica ante o problema: a do realismo esaxerado, a do nominalismo e, no punto medio, o realismo moderado, que acolle o realismo agustiniano, próximo ao realismo esaxerado, e o conceptualismo, máis próximo ao nominalismo. A lóxica contemporánea reformulou o problema dos universais a propósito do estudo e a determinación do status existencial das clases.
-
universal concreto
Modalidade do universal en que este, en contraposición á espontánea identificación entre o universal e o abstracto, inclúe a realidade concreta na mesma con toda a súa riqueza, segundo Hegel. Equivale a unha síntese do xeral abstracto e do particular concreto.
-
-
-
Que se estende a todo o mundo e a todos os homes.
-
Aplícase á Igrexa por estar estendida por todo o mundo, por riba das igrexas locais e onde continuou a tradición cristiá primitiva. O concepto equivale a católico, a causa da connotación confesional que ten o termo aplicado á Igrexa románica.
-
dioivo universal
Dioivo co que, durante corenta días e corenta noites, Deus castigou os homes en tempos de Noé.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora cinematográfica estadounidense fundada en 1909 en Nova York por Carl Laemmle, co nome de Yankee Film Company. En 1911 reorganizouse como Universal Film Exchange, e en 1915 trasladouse a Los Angeles, converténdose na máis antiga produtora de Hollywood. En 2000 a compañía francesa Vivendi comprou a produtora, pero vendeu a maioría das accións a General Electrics, membro de NBC, que en 2005 posuía o 80% das accións de NBC Universal. Entre as súas producións destacan Show Boat (1929), Dracula (1931), The Guardian (1997) ou Serenity (2005).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de universal.
-
-
Calidade de universal.
-
-
Doutrina oposta ao particularismo, en virtude do que se considera unha relixión como radicalmente aberta a todos os homes, pobos e razas. Está tipicamente representada polo cristianismo.
-
Actitude, referida primordialmente á política, tendente á unificación de todos os pobos e estados do mundo e, consecuentemente, á eliminación dos obstáculos que impiden a súa mutua relación.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao universalismo.
-
Partidario do universalismo.
-
-
-
Acción de universalizar.
-
Cousa universalizada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer algo universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación da Osa Maior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación da Osa Menor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten grandes coñecementos ou unha gran práctica en algo. OBS: Este adxectivo rexe sempre a preposición en.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Yvelines, Francia, situada 20 km ao SO de París (84.726 h [1999]). A poboación desenvolveuse a partir de 1682, ao instalarse alí Luís XIV, e perdeu importancia ao trasladarse a corte a París. Ocupada polos prusianos durante a Guerra Franco-prusiana de 1870, desde 1871 instalouse nela o goberno francés, mentres durou a loita contra a Comuna de París. O palacio, que fora pavillón de caza de Luís XIII (1624), foi transformado nunha gran residencia por Luís XIV. As primeiras obras de remodelación foron da autoría de Le Vau, a escala arquitectónica, e Le Brun a escala decorativa. Le Nôtre encargouse do parque (1661-1668), que organizou como un xardín á francesa, con grandes avenidas flanqueadas con grupos de estatuas, xardíns, fontes monumentais e Le Grande (1687) e Le Petit (1762) Trianon. En 1679 encargóuselle a Jules Hardouin-Mansart unha nova ampliación, que se centrou principalmente na zona da fachada. Do interior destaca a capela real, de Mansart (1698-1710) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de axuda mutua entre Francia e Austria, asinado o primeiro de maio de 1756 como resposta ao Tratado de Westminster. Significou unha inversión no sistema de alianzas en Europa e deu paso á Guerra dos Sete Anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre Francia e Xénova, asinado o 15 de maio de 1768, que consagrou a anexión francesa de Córsega. Xénova, que era incapaz de dominar a rebelión de Pasquale Paoli, permitiu a presenza de tropas francesas desde 1764, e cedeu os seus dereitos de soberanía sobre a illa a cambio dunha compensación económica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre Reino Unido, Francia, España e EE UU, asinado o 3 de setembro de 1783, que puxo fin á Guerra de Independencia Norteamericana. Reino Unido recoñeceu a independencia de EE UU e concedeulle amplos dereitos de pesca en augas canadenses. Ademais, cedeu a Francia diversos territorios, mentres que España recuperou Florida e Menorca, aínda que non Xibraltar.