Universal Studios
Universal Studios
[IMAX]
Produtora cinematográfica estadounidense fundada en 1909 en Nova York por Carl Laemmle, co nome de Yankee Film Company. En 1911 reorganizouse como Universal Film Exchange, e en 1915 trasladouse a Los Angeles, converténdose na máis antiga produtora de Hollywood. En 2000 a compañía francesa Vivendi comprou a produtora, pero vendeu a maioría das accións a General Electrics, membro de NBC, que en 2005 posuía o 80% das accións de NBC Universal. Entre as súas producións destacan Show Boat (1929), Dracula (1931), The Guardian (1997) ou Serenity (2005).