univalente

univalente

(< uni- + valente)

  1. adx [QUÍM]

    Aplícase ao elemento químico que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a un e o radical capaz de formar un enlace químico.

  2. adx e s m [XEN]

    Aplícase ao cromosoma desaparellado na primeira división meiótica, que se corresponde a un cromosoma particular do complemento mitótico.