United Technologies Corporation

United Technologies Corporation

Empresa industrial estadounidense, con sede en Hartford (Connecticut), que ten a súa orixe no holding industrial aeronáutico United Aircraft Corporation, fundado en 1934. O grupo diversificouse posteriormente cara á produción de bens de equipamento e equipos de aire acondicionado. En 1974, adquiriu Essex International, de material eléctrico.