United Artists Corporation
United Artists Corporation
Nome científico:
[UAC]
[IMAX]
Produtora e distribuidora cinematográfica estadounidense fundada en 1919 por Charles Chaplin, Douglas Fairbanks, a súa muller Mary Pickford, e D. W. Griffith. A sociedade propúxose mellorar o nivel artístico e os aspectos comerciais, financiando e distribuíndo os seus propios filmes, de forma independente ás grandes compañías produtoras. Das súas producións cómpre destacar Stage coach (1939), The African Queen (1952), The Apartment (1960), Judgment at Nuremberg (1961), West Side Story (1961) e Leaving Las Vegas (1995). En 1981 entrou a formar parte da Metro-Goldwyn-Mayer.