"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • PERSOEIRO

    Galeguista. Emigrou a Cuba e posteriormente instalouse en Bos Aires, onde participou na creación do Comité Ourensano Leal, base do Centro Provincial Ourensano, que presidiu en diversas ocasións. Foi administrador dos xornais El Orensano e Opinión Gallega, e no período 1965-1969 presidiu Irmandade Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Emigrou a Cuba e dirixiu a coral do grupo artístico Saudade. Musicou poemas de Ramón Cabanillas, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid e debuxo, pintura e modelado na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo. Colaborou con obra gráfica en El Progreso, La Voz de Galicia e nas revistas Lucus, Can sen dono e Atlántico Exprés. A súa obra, figuración e abstracción, caracterízase pola sinopse representativa e pola síntese de elementos plásticos na procura de valores dominantes e da supresión dos contidos circunstanciais ou anecdóticos. Realizou exposicións individuais por toda Galicia e participou en diversas mostras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Doutor en Dereito, colaborou na Lei para a Reforma Política e na primeira normativa electoral da democracia. Membro da UCD, foi un dos relatores da Constitución de 1978. Foi deputado pola UCD (1977-1981) e por AP (1982-1989), e é letrado maior do Consejo de Estado. Publicou El principio monárquico (1972), Las transiciones de Europa Central y Oriental (1990) e El valor de la Constitución (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Pioneiro na importación de cereais a Galicia e na exportación de produtos galegos, como o viño do Ribeiro, peixe salgado e produtos téxtiles, a Castela, Portugal e outros portos peninsulares, comerciou nos máis importantes portos europeos con produtos de ultramar como o cacao e o azucre. Fundou en 1794 dunha Compañía de Seguros Marítimos e foi rexedor perpetuo da cidade da Coruña, comisario de Guerra dos exércitos reais, director xeral da Compañía Marítima do Porto da Coruña e prior do Consulado de mar e terra da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Nachortas, colaborou en diversos cómics e xornais, como Das Capital, Can Sen Dono e Diario 16 de Galicia, e nas editoriais Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e Do Cumio. Tamén participou na elaboración de carteis para distintos eventos, como a Semana del Humor en Lepe (Huelva, 1990) e a Muestra Internacional del Humor (Cuba, 1992). A súa obra está exposta no Museo do Humor de Fene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Despois da Guerra Civil española, exerceu como redactor do xornal La Región e como colaborador de Radio Orense. Posteriormente, foi redactor xefe do Diario de Pontevedra, colaborador do informativo Meta-Antena de Galicia e da revista Vieiros de México, e redactor xefe de Faro de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militante anarcosindicalista. Desde 1935 colaborou no relanzamento do Sindicato de Industria Pesquera vigués. Nos derradeiros meses da Segunda República Española asentouse en Ribeira, onde exerceu de secretario do Sindicato General de Trabajadores. Co estoupido da Guerra Civil foi detido en Pontevedra e fusilado en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, reside en Vigo desde 1971. Comezou cunha linguaxe figurativa que evolucionou cara ao surrealismo, o expresionismo, a abstracción e a abstracción xeométrica. Traballou o óleo, a acuarela, o acrílico, os pigmentos naturais e as colaxes. Na década de 1990 comezou a realización de móbiles interactivos, nos que o espectador intervén de forma directa na obra. Realizou exposición individuais en Vigo, La Rioja, Zamora e Madrid e participou en numerosas colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Francisco Lloréns Díaz. Doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Yale (EE UU), e foi Master en Arte. Foi nomeada profesora emérita na Southern Conneticut State University. Do seu estilo pictórico destaca a suavidade das formas e da cor, tanto no emprego de acuarela como no de óleo. Editou os libros Valle-Inclán y la plástica, Francisco Lloréns e La juventud española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Recibiu unha bolsa para ampliar estudios sobre escultura relixiosa na Escuela Superior de Santa Isabel de Hungría, da que foi profesor. Foi catedrático e director da Escola de Artes e Oficios da Coruña e desde 1953 foi académico de número da Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario. Realizou Paisaje (1942) e Cabeza de joven (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Facendista. Foi director xeral de Timbre, subinspector xeral de Facenda e conselleiro delegado da Compañía Telefónica Nacional de España. Cultivou o xornalismo baixo o pseudónimo de Fantasio e escribiu El placer de amar (1909) e El camino de la dicha (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Porteiro de fútbol. No ano 1994 ingresou na canteira do Club Deportivo Lugo, onde permaneceu ata o 2000, ano no que asinou co Real Madrid como porteiro titular do Real Madrid C, na Terceira División. Na seguinte temporada foi cedido á Agrupación Deportiva de Alcorcón, na Segunda B e en 2002 regresou ao Real Madrid, onde pasou 3 anos entre o Real Madrid C e o B, co que conseguiu o ascenso á Segunda División. Na temporada 2005/06 saltou ao primeiro equipo como segundo suplente, debutando o 30 de abril de 2006 ante o Osasuna. Na temporada seguinte non xogou na Liga pero si na Copa do Rei. Dende a temporada 2007/08 xoga no Villareal CF, é porteiro titular, aínda que comezase como suplente. No 2008 foi elixido pola web oficial da UEFA como porteiro revelación da Liga española. Debutou na selección española en marzo do 2009

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Coñecido como Francisco López Barxas, colaborou en diversos periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16, El Mundo e El Sol, e revistas como Ínsula, Quimera e Leer; ademais,   elaborou guións para a TVG, Top People News e Yurital News. Docente na Universidad Menéndez Pelayo (1984) e na Complutense (1990 e 1993), foi director de Xornal Diario (1991-1992), xefe de prensa do Consorcio de Santiago (1993-1996) e   xefe de gabinete da Consellería de Agricultura (1998-2000). En 2004 é xefe de informativos da TVG. Publicou Mazurca para Camilo José Cela (1986), En torno a Antonio Machado (1988), a edición de La Cartuja de Parma de Stendhal (1988), Zelos no ofenden al sol (1988), Antología de la poesía gallega última (1991), en colaboración con César A. Molina, Eugenio Granell (1999) e Ferrán Pérez Churruchao (2001). Como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Delegado de El Norte de Castilla en Zamora e de Diario 16 de Galicia en Santiago de Compostela, foi responsable de prensa na Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e na Consellería de Educación. É autor de O anano enredador (1992), Outros heroes (1993), Días de desterro (1996), A serea do deserto (1997), As aventuras das cores (1998), Catro pitas (2000) e Castiñeiro e compañía (2003). Recibiu o I Premio Novela Corta Ciudad de Alcorcón (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Estudiou química na Universidad de Granada e doutorouse na Universidad de Madrid en 1958. Foi presidente do Consello de Intervención do Estado na central nuclear de Lemóniz e gobernador por España no Organismo Internacional da Enerxía Atómica. Desde 1974 colabora coa Real Academia de la Lengua Española na definición de vocábulos científicos. Publicou numerosos traballos de investigación científica e divulgación, e é autor, entre outras obras, de Lexicoloxía nuclear (1974) e Dicionario nuclear (1979), ambos en colaboración con outros autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Foi redactor gráfico de Gaceta Ilustrada (1970-1976), Cuadernos para el diálogo (1976-1978) e El Periódico (1978-1982). Director da edición española da revista Photo (1981) e fundador da revista Foto (1982), foi membro fundador do Foro de Editores Gráficos de Prensa e vogal no apartado de fotografía para a elaboración da vixente Lei de Propiedade Intelectual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou a expoñer regularmente en 1985. Ademais de colaborar en revistas especializadas, como Álbum, Arte Fotográfico e Diorama, expuxo a súa obra no Centro Nacional de la Cultura de La Habana, na Real Sociedad Fotográfica de Madrid e na Casa de Galicia en Madrid. En 1997 creou e dirixiu a galería Artegrafía, dedicada a expor obra gráfica en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Bolseiro da Deputación de Pontevedra, formouse en Madrid. Cultivou principalmente o retrato, realizou diversas exposicións e participou en 1968 na Primeira Bienal de Arte Contemporáneo Español de París con Cencerrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e crítico literario. Emigrou a Arxentina, onde fundou o diario El Heraldo e colaborou en diversos xornais de Bos Aires, como La Nación e El Eco de Galicia. Foi presidente da primeira Casa de Galicia e do Centro Republicano Español, e dirixiu o xornal España Republicana. Das súas obras destacan Antología de motivos poéticos (1928), El doctor Hipólito Iriyogen y el ideal Hispanoamericanista (1928), Acción Hispanista (1932) e Nuevos horizontes del idioma (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO