"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que corusca.
-
-
Emitir luz algunha cousa.
-
Producirse alustros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de hadrosáuridos de ata 9 m de lonxitude, co fociño longo e aplanado nun peteiro desprovisto de dentes na parte anterior. Presentaba unha curupela ósea semicircular e oca con condutos internos de aire e de ata 30 cm de altura, relacionada coa emisión de voces para a comunicación da manda. Alimentábase, sobre as catro patas, de acículas de coníferas e das follas das primeiras magnoliofitinas e, en caso de fuga, corrían sobre as patas traseiras. Viviron no Cretáceo e os xacementos máis importantes están no norte de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
irus de xenoma dividido en varias unidades que precisan de coincidir no hospedeiro para dar lugar á replicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación dos viños de Bordeos máis exquisitos, habitualmente considerados como máximos en calidade entre toda a produción mundial de viños. As etiquetas lendarias Haut-Brion, Lafite-Rothschild, Latour Margaux, Mouton Rothschild, Châteaux Petrus e Le Pin reciben esta cualificación.
-
PERSOEIRO
Paleontólogo e teórico da evolución. Logo de licenciarse en Farmacia, iniciou a partir de 1933 unha intensa colaboración con Fernández de Villalta, que o levou a prospectar numerosos xacementos do Mioceno do Vallés-Penedés; froito deses traballos foi a revisión da estratigrafía empregada tradicionalmente e a introdución dos termos Vallesiano e Turoliano para referirse a dous pisos diferentes do Terciario. En 1952 publicou a súa tese de doutoramento, Los jiráfidos fósiles en España, que lle valeu o recoñecemento internacional, polo que entre 1952 e 1958 organizou os Cursillos Internacionales de Paleontología de Sabadell. Foi catedrático de Paleontoloxía nas universidades de Oviedo (1961) e Barcelona (1963-1972). En 1969 fundou o Instituto Provincial de Paleontología (despois Institut Paleontològic “M. Crusafont”), que dirixiu ata 1983. Paralelamente ás súas contribucións ao estudo dos mamíferos fósiles, dende 1948 realizou unha intensa tarefa de investigación e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira oriental da ría de Corcubión, no litoral da parroquia do Pindo, concello de Carnota, situada ao N da punta de Quilmás.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e teólogo alemán. Foi profesor de filosofía e teoloxía en Leipzig. Desenvolveu unha concepción próxima ao empirismo, que tivo unha certa influencia en Kant. Entre as súas obras cómpre salientar Anweisung, vernünftig zu leben (Indicación para vivir racionalmente, 1744) e Weg zur Gewissheit und Zuverlässigkeit der menschlichen Erkenntnis (Camiño para alcanzar a certeza e a seguridade do coñecemento humano, 1747).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está revestido de cotra.
-
-
Relativo ou pertencente aos crustáceos.
-
Artrópodo do subfilo dos crustáceos.
-
Subfilo de artrópodos mandibulados, con representantes principalmente acuáticos, de auga doce ou salgada, e tamén terrestres. Xeralmente, o corpo está formado por dúas rexións: o cefalotórax, con cuncha dorsal, e o abdome; o número de segmentos que as integran é moi variado. Tanto o tórax coma o abdome están dotados de apéndices birrámeos, pero así como os torácicos son tipicamente locomotores, os abdominais poden levar a cabo diversas funcións. Os apéndices cefálicos, tamén birrámeos, están formados por dous pares de antenas, un par de mandíbulas e dous pares de maxilas. O epitelio ectodérmico dos crustáceos segrega unha cutícula quitinosa que a miúdo se impregna de sales cálcicos: cando iso ocorre, a carcasa non é única, senón que se divide segundo as diferentes partes do corpo e as divisións se articulan entre elas. No extremo anterior do corpo dos crustáceos está o rostro e no posterior o telson, que xunto cos urópodos forman a cola. A cuncha é a cutícula dorsal da cabeza que se estende...
-
-
Aplícase ao talo dunha gran parte dos liques que carecen de córtex inferior e que viven fortemente adheridos á superficie do substrato (rocha, cortiza e outros), no que incluso poden penetrar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos lábridos ao que pertence o chaparrudo.
-
PERSOEIRO
Arquitecto holandés. Estudiou na Academia de Anveres e exerceu como arquitecto municipal de Roermond. Discípulo de Viollet-le-Duc, traballou na restauración da catedral de Maguncia. Construíu numerosas igrexas en estilo neogótico, entre as que destacan a de St. Catharina en Eindhoven (1859) e St. Wilibrordus (1864-1866) en Amsterdam. Realizou tamén o Rijksmuseum de Amsterdam (1877-1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos cicloptéridos ao que pertence o roncador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das poáceas, con follas planas e inflorescencias en panículas mestas. En Galicia están presentes as especies: C. cristatus, propia de lameiros e prados; e C. echinatus, propia de sebes, terreos incultos e muros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das ciperáceas ao que pertencen as xonzas e as chufas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra composta por san Martiño de Braga ou de Dumio entre os anos 573 e 574, coñecida tamén como Pro castigatione rusticorum, Epistula ad Polemium ou De origine idolorum. Elaborada por requirimento de Polemio, bispo de Astorga, inscríbese no impulso catequizador derivado do Segundo Concilio de Braga (572) e pretendía corrixir as desviacións na fe dos habitantes das dioceses da Gallaecia incluídas dentro dos límites do reino suevo. Por mor desta función catequética, o seu estilo -cualificado polo autor de sermo rusticus- estaba pensado para un tipo de lector de baixo nivel cultural, non versado en cuestións de dogmas e familiarizado con prácticas onde a ritualización se tinguía de superstición. De feito, o noroeste peninsular vivía daquela unha situación de sincretismo relixioso, ao perviviren as vellas crenzas pagás e as desviacións no dogma cristián. Ás crenzas dos pobos prerromanos superpoñéronse tanto as relixións importadas durante a romanización -incluídas as prácticas mistéricas orientais-...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cetáceos, da familia dos monodóntidos, ao que pertence a beluga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desincrustar.
-
-
Que desincrusta.
-
Composto comercial de diversos disolventes que actúa enerxicamente para abrandar capas pitóricas, xeralmente graxa, co fin de eliminalas.
-
Substancia empregada para disolver as incrustracións formadas en certos aparatos, como caldeiras de vapor, conducións de auga ou radiadores.
-
-
-
Limpar ou eliminar algunha cousa de onde está incrustada.
-
Eliminar as capas que se forman debaixo dunha superficie e que xeralmente se deben á precipitación dos sales insolubles que acompañan a auga, como por exemplo o carbonato cálcico nas caldeiras de vapor, as conducións de auga ou os radiadores.
-