"SAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 171.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Ordenouse en 1914 e foi bispo auxiliar do cardeal Isidro Gomà en Toledo (1936), onde restaurou o culto mozárabe. En 1964 foi nomeado bispo de Barcelona cando esta diocese adquiriu esta nova condición. En 1967 dimitiu e retirouse a un convento de monxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital das illas Bahamas e porto da costa NL da illa de New Providence (172.000 h [1997]). É un importante centro turístico. A cidade é relativamente pequena, pero o distrito residencial esténdese ao longo da costa. Por vantaxes de orde fiscal, converteuse nun importante centro internacional de negocios e finanzas, con filiais de grandes compañías americanas, canadenses e británicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se instalou na rexión de Lahn, descendente dos condes de Laurenburg. A partir de Ruperto I (1123-1154), que construíu o castelo de Nassau, adoptaron o título de condes de Nassau. En tempos de Enrique II o Rico (1190-1247/51) a familia estendeuse por Renania. Os seus fillos Walram e Odón dividiron as posesións familiares (1255). A rama que procedía de Walram, á que pertencía Adolfo, emperador xermánico (1292-1298), dividiuse en dúas (1355): os Nassau-Idstein-Wiesbaden (extinguidos en 1605) e os Nassau-Weilburg , que novamente foron reunidos con Luís II (1565-1627). En 1627 volvéronse dividir entre os Nassau-Idstein (extinguidos en 1721), os Nassau-Saarbrücken (extinguidos en 1723) e os Nassau-Weilburg (extinguidos en 1912). A rama menor, que procedía de Odón (morto en 1290), dividiuse en tres: Nassau-Hadamar...
-
PERSOEIRO
Pedagoga suíza. Propugnou unha pedagoxía que consistía en proporcionarlle ao alumno a vontade e os medios para acadar a madureza por el mesmo co estímulo do educador. Escribiu L’education progressive ou Étude du cours de la vie (1828-1838), en tres volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos notosauros.
-
Réptil da suborde dos notosauros.
-
Suborde de réptiles mariños, da orde dos sauropterixios, que viviron no Triásico en Alemaña. Presentaban o corpo de pequeno ou mediano tamaño, groso, cola curta e patas con forma de remo, pescozo comprimido e cavidades de gran tamaño no cranio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saurio, da familia dos ánguidos que, como o escáncer, non ten patas, trazo que o fai externamente semellante aos ofidios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU, con sede en Xenebra, que se creou en 1948 para promover a mellora das condicións sanitarias en todo o mundo. Comprende unha Asemblea Mundial da Saúde, que se reúne anualmente, e un Consello Executivo, dirixido pola Asemblea.
-
CIDADES
Cidade de Baviera, Alemaña, na confluencia do Danubio co Inn (49.900 h [1990]). Cidade fronteiriza entre Austria e Alemaña, en 1552 o elector Mauricio de Saxonia e o Emperador Carlos V asinaron nela o Tratado de Passau, que concedía liberdade relixiosa a todos os que profesaban a Confesión de Augsburgo. Este tratado foi tomado como un termo a quo para a Paz de Augsburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos pelicosauros.
-
Réptil fósil da orde dos pelicosauros.
-
Orde de réptiles sinápsidos fósiles que viviron no Carbonífero Superior e no Pérmico Inferior. É característico dalgúns pelicosauros o desenvolvemento extremo de espiñas por riba das vértebras, que parece ser que servían para soportar unha especie de vela membranosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos plesiosauros.
-
Réptil da suborde dos plesiosauros.
-
Suborde de réptiles acuáticos, da orde dos sauropterixios, que viviron desde comezos do Triásico ata finais do Cretáceo. Tiñan un corpo amplo e aplanado, dotado de aletas para bracear a velocidade moderada, e un pescozo moi longo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos poliosáuridos.
-
Réptil da familia dos poliosáuridos.
-
Familia de réptiles fósiles, da orde dos pelicosauros, cun cranio baixo, aplanado e un fociño aguzado.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos protosauros.
-
Réptil da orde dos protosauros.
-
Orde de réptiles fósiles de pequenas dimensións, que posuían unha única fosa temporal e tiñan o aspecto de lagartos. Viviron durante o Permiano e o Triásico e orixinaron os sauropterixios.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pterosauros.
-
Réptil da orde dos pterosauros.
-
Orde de réptiles diápsidos, da superclase dos arcosauros, caracterizados polo feito de presentar unhas ás membranosas suxeitadas por un só dedo e ósos ocos e con aberturas nos extremos. Estas modificacións corporais permitíanlles voar. Viviron no Xurásico e no Cretáceo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto segundo o que os electróns libres, aínda que teñan pouca enerxía cinética (da orde do electrón-voltio), poden atravesar un átomo de gas nobre sen que se produza unha reflexión apreciable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén do italiano Rosaura, aglutinación de Rosa aurea ‘rosa de ouro’. Tamén se considera a feminización do nome xermánico masculino Roswald, de Hroadwald ‘gobernante famoso’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo proposto por H. N. Russell e F. A. Saunders en 1925 para explicar a existencia dos termos múltiples dos espectros atómicos dos átomos con máis dun electrón óptico. Suponse que os momentos angulares dos diferentes electróns se acoplan, do que resulta un momento angular total definido polo número cuántico L, e que, igualmente, os momentos angulares de spin si se encaixan para dar un momento de spin total, definido polo número cuántico S. OBS: Tamén se coñece como axuste LS.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no NL da illa de La Palma (5.351 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de plátanos e no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto da superficie de terras labradas e destinadas para pastos permanentes.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no límite coa provincia de Málaga (4.250 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
saudable.