pterosauro -ra

pterosauro -ra

(< ptero- + -sauro)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pterosauros.

  2. s m [PALEONT]

    Réptil da orde dos pterosauros.

  3. s m pl [PALEONT]

    Orde de réptiles diápsidos, da superclase dos arcosauros, caracterizados polo feito de presentar unhas ás membranosas suxeitadas por un só dedo e ósos ocos e con aberturas nos extremos. Estas modificacións corporais permitíanlles voar. Viviron no Xurásico e no Cretáceo.

Palabras veciñas

pterofórido -da | pteroma | pterópodo -da | pterosauro -ra | Pterosiphonia | pterostiquino -na | pteroteca