Pterosiphonia

Pterosiphonia
[PROTISTA]

Xénero de algas, da división das rodófitas, con talo vermello escuro e cartilaxinoso, de 10 cm de lonxitude, varias veces dividido. Teñen rizoides cos que se ancoran ao substrato e aos bordos agudos das ramas semellantes a espiñas. Viven epífitas no mesolitoral inferior e infralitoral. Nas costas de Galicia aparece a especie P. complanata.

Palabras veciñas

pteroma | pterópodo -da | pterosauro -ra | Pterosiphonia | pterostiquino -na | pteroteca | ptialina