pterostiquino -na
pterostiquino -na
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos pterostiquinos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da subfamilia dos pterostiquinos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Subfamilia de insectos coleópteros, da familia dos carábidos, integrada por preto dunhas 5.000 especies, cosmopolitas e de medidas e formas moi diversas. Destacan os xéneros Percus, Abax, Pterostichus, Amara e Zabrus. A especie Zabrus tenebroides parasita os cereais, e algunhas do xénero Amara parasitan cereais, crucíferas e compostas, e ocasionan grandes estragos.