pterostiquino -na

pterostiquino -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pterostiquinos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da subfamilia dos pterostiquinos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Subfamilia de insectos coleópteros, da familia dos carábidos, integrada por preto dunhas 5.000 especies, cosmopolitas e de medidas e formas moi diversas. Destacan os xéneros Percus, Abax, Pterostichus, Amara e Zabrus. A especie Zabrus tenebroides parasita os cereais, e algunhas do xénero Amara parasitan cereais, crucíferas e compostas, e ocasionan grandes estragos.

Palabras veciñas

pterópodo -da | pterosauro -ra | Pterosiphonia | pterostiquino -na | pteroteca | ptialina | ptialismo