pterosauro -ra
pterosauro -ra
(< ptero- + -sauro)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pterosauros.
-
s
m
[PALEONT]
Réptil da orde dos pterosauros.
-
s
m pl
[PALEONT]
Orde de réptiles diápsidos, da superclase dos arcosauros, caracterizados polo feito de presentar unhas ás membranosas suxeitadas por un só dedo e ósos ocos e con aberturas nos extremos. Estas modificacións corporais permitíanlles voar. Viviron no Xurásico e no Cretáceo.