pterópodo -da

pterópodo -da

(< ptero- + -podo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pterópodos.

  2. s m [ANIMAL]

    Molusco do grupo dos pterópodos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Grupo de moluscos opistobranquios que se caracterizan polo feito de presentar dúas láminas dérmicas musculosas colocadas unha a cada lado da cabeza e que moven como se fosen ás; teñen o pé máis ou menos modificado. Son peláxicos e cosmopolitas, forman unha parte importante do zooplancto mariño e constitúen o alimento básico de moitos animais, coma as baleas.