"Set" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 192.

  • Xénero de mamíferos cetáceos, da familia dos fisetéridos, ao que pertence o cachalote común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Estudou na escola de ballet do Bol’šoj de Moscova, onde a partir de 1960 foi a bailarina principal. Colaborou con coreógrafos de gran renome como M. Béjart e foi directora artística do Ballet del Teatro Lírico Nacional de Madrid (1987-1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 921 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio do Pireneo axial, situado entre Ribagorza e Sobrarbe (Aragón). Con 3.375 m de altitude, é o segundo máis alto dos Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos escoftálmidos, ao que pertence o rodaballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Foi director económico de The Economist (1967-1969) e alto funcionario do Fondo Monetario Internacional (1969-1973). Con Centristas de Catalunya-UCD, foi conseller d’Economia i Finances da Generalitat de Catalunya (1980), deputado no Parlament de Catalunya e ministro de Relacións coas Comunidades Europeas (1980-1981). Foi elixido deputado ás Cortes como independente en Convergència i Unió (1982-1983) e parlamentario europeo polo Centro Democrático y Social (1987-1994). Profesor no Institut Químic de Sarrià da Universitat Ramon Llull, especializouse en temas de impacto das novas tecnoloxías. Director do programa de TVE Redes, escribiu La salida de la crisis (1980), España sociedad cerrada, sociedad abierta (1982), La España impertinente (1986), Manual para sobrevivir en el siglo XXI (2000) e Cara a cara con la vida, la mente y el universo (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (12.191 km2; 2.380.000 h [estim 1987]). A súa capital é Sinŭiju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato constituído por un receptor de radio e un magnetófono de casetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal británico. Durante as campañas napoleónicas foi axudante de campo do duque de Wellington. Comandou as tropas británicas na Guerra de Crimea (1853-1856) e faleceu no asedio a Sebastopol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento revolucionario español que supuxo o destronamento de Isabel II e o inicio do Sexenio Revolucionario. Coñecido popularmente como A Gloriosa, abriu un período de liberdades democráticas durante o que irromperon na vida política, plenamente conformados e con programas propios, o movemento obreiro e a pequena burguesía (1868-1874). A inadecuación do réxime político isabelino ás necesidades do proceso industrializador fixo que a burguesía industrial e financeira adoptase unha actitude contraria a este. En agosto de 1866 o Partido Demócrata e o Partido Progresista formalizaron un pacto, abocados á vía insurreccional pola súa exclusión do goberno de forma sistemática. Ao pacto uniuse máis tarde a Unión Liberal. As clases populares afectadas pola crise de subsistencias de 1867, apoiaron a insurrección, que se iniciou o 18 de setembro en Cádiz cando Joan Prim e Juan Bautista Topete sublevaron a escuadra. Desde Sevilla as tropas de Francisco Serrano avanzaron cara a Madrid e nas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto ou motivo ornamental que imita ou recorda perfectamente á rosa.

      1. Motivo ornamental en forma de rosa aberta, formado por un botón con follas e pétalos ao arredor. Emprégase principalmente na decoración de bóvedas, cornixas, casetóns e cúpulas.

      2. Rosetón pequeno.

    2. Alfaia adornada cunha pedra preciosa rodeada doutras máis pequenas.

    3. Galón formado por un fío de ouro ou de prata enrolado arredor dun núcleo de seda ou algodón.

    4. Perforación circular ornamentada, en forma de rosa, que se tallaba no centro da tapa harmónica do clavecín, do laúde, da guitarra e doutros instrumentos.

    5. Disposición das follas dunha planta, cando se atopan moi xuntas e de forma parecida á dunha rosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura circular realizada nas paredes das igrexas, especialmente nas fachadas de estilo románico e gótico. Semella que a súa orixe vén do óculo das primitivas igrexas cristiás. Na segunda metade do s XII aumentaron considerablemente de diámetro e durante o s XIII engadíronselle vidreiras.

    2. Motivo de ornamentación circular debuxado nun piso ou nun teito.

    3. Flor decorativa que se emprega fundamentalmente en capiteis corintios e compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Exipto, situada a 63 km ao NL de Alexandría (47.200 h [estim 1983]). Fundouse en 870 na localización dunha antiga cidade e foi, ata o inicio do s XIX, o porto principal de Exipto. Alí descubriuse a chamada pedra de Rosetta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento dunha pedra de basalto descuberto en Rosetta (Exipto) en 1799 polo oficial francés André Joseph Boussard. Datada en 196 a C, ten tres inscricións, unha en caracteres xeroglíficos, outra en demóticos e a terceira escrita en grego. Relata un decreto emitido polo sínodo de sacerdotes exipcios reunidos en Menfis para celebrar o primeiro aniversario do coroamento de Ptolomeo V. É un dos documentos empregados por Jean-François Champollion para descifrar a escritura xeroglífica. En 1801 foi entregada aos británicos. Consérvase no British Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Foi catedrático de Lingua Romanesa da Universidade de Bucarest. En 1948 ingresou na Academia e en 1963 pasou a dirixir o Centro de Investigacións Fonéticas e Dialectolóxicas. Autor de diversos estudos dedicados á fonética teórica e á historia do romanés, da súa obra destacan Recherches sur la phonétique du roumain du XVIe siècle (1926), Curs de fonetic ǎ general ǎ (1930) e Istorie a limbii române, De la origini pîną la începutu l secolului al XVII-lea, en seis volumes aparecidos sucesivamente desde 1938 (reeditados conxuntamente en 1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa, irmá de Dante Gabriele e William Michael Rossetti. Colaborou na revista The Germ (1850), manifesto dos prerrafaelitas. Escribiu Goblin Market (1862), The prince’s progress (1866) e New Poems (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta, irmán de Christina G. e William M. Rossetti. Foi un dos fundadores da Pre-Raphaelite Brotherhood. Desde 1845 a 1858, pintou sobre todo acuarelas con temas de Dante, Shakespeare, Bowning e do círculo do Rei Artur. En 1859 volveu á pintura ao óleo e axiña se apartou do prerrafaelismo, aínda que conservou os temas medievais. A súa preocupación esencial foi a figura feminina. Destacan os retratos da súa esposa, Elisabeth Siddal (1855), Beata Beatrix (1863), e o da súa modelo, Jane Morris, esposa de W. Morris, de quen se namorou, titulado Proserpina (1874). O seu estilo, botticeliano e lineal, converteuse en máis libre e as composicións perderon simplicidade para facerse máis complicadas como Astaré Siríaca (1877). Influíu moito no simbolismo e o modernismo. Destacado membro do prerrafaelismo literario, fundou co seu irmán a revista The Germ e publicou Poems (1870), Ballad and Sonets (1881) e The Early Italian...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico, irmán de Christina G. e Dante Gabriele Rossetti. Foi un dos iniciadores do prerrafaelismo e dirixiu a revista The Germ. Foi autor de recompilacións e estudos de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Stefano di Giovanni de Consolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro fillo de Adán e Eva, nacido despois do fratricidio de Caín. A tradición sacerdotal faino pai de Enós e dos patriarcas anteriores ao diluvio ata Noé, os cales, non obstante, segundo a tradición iavista, son descendentes de Caín.

    VER O DETALLE DO TERMO