"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Que non implica restrición, limitación ou condición.

    2. Que exclúe toda relación con outra cousa, considerado en si mesmo.

    3. Que non tolera oposición.

    4. Designa, por oposición ao fenómeno ou apariencia, o ser, a cousa en si -tal e como existe en si mesma, con independencia do coñecemento que se poida ter dela-. A tradición filosófica occidental, sobre todo a idealista, desígnao de diferentes xeitos: Idea (idealismo absoluto); Eu (Fitche); Espírito (Hegel), que se caracterizan por reabsorber ou subsumir todos os momentos parciais do real.

    5. Camiño ou ruta a través de directorios que debe percorrer unha aplicación para recuperar os datos arquivados nun ficheiro.

      1. Dise da forma, uso ou significación autosuficiente ou non relacionada con ningunha outra.

      2. construcción absoluta

        Construción formada por un substantivo e un participio que concorda con el, coma un inciso, desligada gramaticalmente do resto da frase, á que engade xeralmente determinacións de tipo instrumental, temporal ou outras.

      3. forma absoluta

        Forma fonética considerada illadamente do contexto, sen sufrir as modificacións normais no curso da cadea fónica.

      4. posición absoluta

        Posición dun son que interrompe unha pausa longa ou que a precede inmediatamente.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que absolve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispensa das obrigas derivadas da servidume ou vasalaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de absorber.

    2. Persoa que ten o ánimo suspendido diante dunha cousa extraordinaria.

    3. Que está concentrado nunha determinada cousa (actividade, pensamento, etc) e non presta atención a nada máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de abstraer.

    2. Que é resultado da abstracción.

    3. Que emprega as abstraccións.

    4. Que se amosa absorto.

    5. Calidade do que non é concreto.

    6. Característica aplicada a unha noción considerada separadamente das representacións nas cales é dada.

    7. Por contraposición coa arte denominada figurativa, é aquela que non pretende a representación visual da realidade. Desenvólveuse durante o século XX, de xeito sincrónico en diferentes países europeos, aínda que xa se recollen exemplos temperáns, como os mosaicos de Gaudí (dende 1889), as pinturas do lituano Čiurlionis (1904) e os debuxos da checa Schaeffner (1905). Considérase que a arte abstracta se define nidiamente despois do 1910, partindo da experiencia de V. Kandinski. Dende entón a abstracción pasou por unha serie de grupos, escolas e teorías diferentes: lucismo, suprematismo, construtivismo, neoplasticismo, orfismo, informalismo, gestaltismo, pop art, arte cinética, e outras. Kandinski, de orixe rusa, estende dende Alemaña a abstracción, influíndo no suízo P. Klee e o húngaro L. Moholy-Nagy. A Bauhaus será o principal núcleo e movemento difusor da arte abstracta. En Francia, os pintores cubistas R. Delaunay, F. Picabia e o checo F. Kupka pasaron ao redor de 1913 do...

    8. Filme caracterizado pola sucesión de formas gráficas non figurativas e narración non descritivista, a miúdo segundo o ritmo dunha banda sonora musical.

    9. Segundo Bloomfield, formas de idéntica significación léxica que se usan en posicións sintácticas diferentes.

    10. Por oposición a nome concreto, substantivo que designa un concepto obtido por abstracción mental (beleza, esperanza, amor, etc)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo da cidade italiana de Como. No Concilio de Constantinopla (450) combateu, por encargo do Papa León I, a herexía nestoriana, que consideraba inaceptable atribuír á natureza divina o que era de natureza humana. A súa festa celébrase o 14 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de manter actitudes burguesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enfastiar ou cansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que chega ao derradeiro grao de baixeza, digno do meirande menosprezo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á abxuración, á negación ou á renuncia dunha crenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rematar unha acción que xa se principiara.

    2. Feito de morrer unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de viño que se engade a maiores verbo da medida legal xa establecida. Xeralmente é unha ola por cada moio de oito cántaros, ou un azume aproximado en cada ola, ou unha cantidade menor, como acontece nos anos de malas colleitas.

    2. Exceso dunha cousa sobre o número ou cantidade asignada a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academy of Motion Picture, Arts And Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suceso que sobrevén de maneira inesperada e casual no curso dunha actividade que pode ter consecuencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa pobre que traballa a terra sen ter facenda de seu.

    2. Xornaleiro que ten por oficio cavar ou labrar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acalorar ou acalorarse.

    2. Conxestión periférica, sobre todo da cara, causada por unha insolación, por un exercicio excesivo, por un estado febril, ou no medio dunha discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba perenne, de grandes follas que poden acadar os 60 cm, profundamente lobuladas, de cor verde escura, e flores brancas con veas purpúreas, agrupadas, xuntamente con brácteas espiñentas, nunha longa espiga terminal que pode acadar ata 1 m de altura. En Galicia aparece de forma naturalizada e emprégase contra as queimaduras e como diurético.

    2. Motivo vexetal conformado pola representación esculpida das follas da planta de acanto. Empregado na decoración de capiteis, fundamentalmente nas ordes corintia e composta, e ocasionalmente en franxas e molduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acantoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer nun curruncho, apartar a un lado.

    2. Perseguir a alguén ou algo ata un lugar de onde non vai poder saír.

    3. Non facer caso a unha persoa, cousa ou feito e relegala ao esquecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO