"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Rama da agricultura que se ocupa do cultivo, multiplicación e aproveitamento das árbores. Podemos distinguir a arboricultura froiteira ou fruticultura, a arboricultura forestal ou silvicultura, e a arboricultura ornamental, que se ocupa das árbores e dos arbustos utilizados en xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada no golfo da Masma, na parroquia e concello de Burela, na Mariña Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada no golfo da Masma ao O da punta da Camposa, na parroquia de Cangas, concello de Foz no límite co de Burela, na Mariña Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación creada por P. Bosch Gimpera contra 1920 para designar unha cultura prehistórica da Idade do Bronce, vixente entre 1500 - 1000 a C, a partir do topónimo do lugar de El Argar, no termo de Antas (Almería). Dende 1949, os estudios de M. Tarradell demostraron que limitaba coas provincias de Granada, Almería, Murcia e Albacete, penetrando no extremo sur do País Valencià (depósitos do Cabezo Redondo de Villena, de San Antonio de Oriola e de Callosa de Segura). Caracterízase por poboados fortificados en lugares elevados, sepulturas baixo as casas en xerras ou cistas, metalurxia do cobre e do bronce, follas de sílex e cerámica lisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, economista e político liberal. No 1820 participou na Revolución Liberal e durante o Trienio Constitucional ingresou na Academia de Bones Lletres de Barcelona. Foi un dos fundadores de El Europeo. Trasladouse a Madrid en 1826 onde desempeñou diferentes cargos económicos. Divulgou as ideas estéticas de Schiller e principiou o Romanticismo literario en lingua catalá e o movemento da Renaixença catalá co poema “La Pàtria(1833). A súa obra escrita comprende poemas, traballos de crítica literaria e investigacións de historia económica. Fundou e dirixiu a Biblioteca de Autores Españoles e a Sociedade Filosófica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de vestimenta formada polo conxunto de pezas de ferro (arnés, coiraza, helmo, loriga, etc) que protexía o corpo dos antigos combatentes.

    2. Conxunto de pezas unidas entre si que constitúen a parte ríxida que sostén un obxecto.

    3. Conxunto de barras ou cables de aceiro que forman o esqueleto dunha peza de formigón, armado ou precomprimido, e que se colocan dentro da súa masa para que o conxunto siga apto para resistir esforzos de tracción, comprensión, cizallamento. As armaduras de barras adoitan estar constituídas por unhas barriñas de aceiro enrugado dispostas ao longo da peza ou por outras barras delgadas ou estribos, colocadas transversalmente, ligadas ás primeiras. As barras dispostas ao longo forman a armadura comprimida ou a armadura estirada, segundo o esforzo ao que son sometidas as barras sexa de comprensión ou de tracción.

      1. Peza metálica concibida para ser sometida á acción dun imán ou dun electroimán; normalmente é de ferro ou de aceiro.

      2. Cada unha das follas ou placas metálicas que fan de electrodo nun condensador.

      3. armadura de dínamo

        Masa ou núcleo de ferro ou de aceiro doce sobre o que se montan os circuítos do inducido. Forma parte do circuíto magnético da dínamo. As armaduras adoitan ser de perfil dentado, pero na máquina de Gramme son lisas. Fanse con pranchas de 0,5 mm de espesor, separadas unha da outra por papel illante.

      4. armadura dun imán

        Peza de material magnético que serve para unir os polos dun imán permanente a fin de que pechen o circuíto magnético e non se produza unha desmagnetización progresiva mentres non se usa o imán. Os imáns de ferradura teñen sempre armadura. Os de barra ordinariamente non a teñen; en todo caso, únense dúas barras de características semellantes de maneira que se encaran os polos opostos. Ás veces a armadura é un imán permanente e daquela dise que é polarizada.

    4. Conxunto de cadernas, quilla e outros elementos que forman o esqueleto dun barco.

    5. Conxunto de accidentes, colocados inmediatamente despois da clave e antes da posible indicación do compás, que afectan ás notas escritas a continuación mentres non se atope ningunha outra alteración ou cambio de armadura, e determinan así a escala dun fragmento musical.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concepción de espacios ou conxunto de espacios para o uso e a ambientación do ser humano. Vitrubio iniciou os estudios sobre a Arquitectura con De architectura (27-23 a C), analizando a problemática arquitectónica desde diferentes puntos de vista. Para Giedion a creación arquitectónica é a aplicación correcta dos materiais e dos principios económicos á creación dos espacios para uso humano. Algúns autores, como Pevsner, distinguen entre construción e Arquitectura, reservando esta denominación ás obras con estética. Outros combinan as ideas de utilidade e estética. Para Le Corbusier é confort e proporción, razón e estética, máquina e plástica, calma e beleza. Así mesmo, Barthes defínea, dende un punto de vista semántico, como unha logotécnica e Fusco como un medio de comunicación social. Para Rogers, que introduce o factor tempo na definición, a Arquitectura é a caracterización do tempo no espacio. Segundo León Battista Alberti, en De re aedificatoria, a Arquitectura consiste...

    2. Composición, estrutura, maneira de encaixar e distribuír as diversas partes dun organismo ou dunha obra.

      1. Xeito de organizarse e interactuar os elementos principais dun ordenador (microprocesador, memoria central, periféricos, etc) entre si; así como cada elemento illado (organización interna dos microprocesadores ou dos sistemas operativos) ou, en xeral, calquera sistema informático.

      2. arquitectura aberta

        Aquela na que os ordenadores poden traballar en rede con outros de características distintas.

      3. arquitectura de rede

        Configuración dunha rede informática.

      4. arquitectura do bus

        Configuración dun conxunto de dispositivos de conexión utilizados polos distintos compoñentes dun ordenador para intercambiar datos, que determinará a velocidade máxima coa que estes serán transferidos no interior do equipo informático e os seus periféricos.

      5. arquitectura pechada

        Aquela na que un ordenador só pode traballar en rede con outros aparellos totalmente compatibles.

    3. Arte e técnica da distribución dos diversos elementos e da estruturación xeral do libro.

    4. Arte de proxectar e construír navíos. A arquitectura naval divídese en: construción naval, que estudia e proxecta a construción dun navío en todo o que fai referencia a formas, estruturas, materiais, etc, e teoría do navío, que o estudia como vaso flotante, tendo en conta a súa estabilidade, flotabilidade e as forzas ás que estará sometido ao navegar. A ampla difusión dos primeiros libros publicados a mediados do s XVIII foi a base do rápido desenvolvemento de proxectos de navíos no s XIX. Cómpre salientar os tratados Scientia navalis (Ciencia naval, 1749) de Euler e Traité du navire (Tratado de navegación, 1746) de Bouger. Chapman propugnou a ampliación cos navíos que construíu e coas súas obras Architectura navals mercatoria (Arquitectura para a mariña mercante, 1768) e Tractat om Skeppsbyggeriet (Tratado de construción naval, 1775). Esta arte ampliouse coa aparición das máquinas de vapor. As diferentes formas de propulsión incrementan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que designa unha serie de artes nacidas coas novas tecnoloxías como a infografía ou a animación por ordenador. Xorde a partir do certame de igual nome, con sede en Madrid, que recolle desde o ano 1990 as últimas tendencias artísticas relacionadas coas novas tecnoloxías. Foi pioneiro en España neste terreo e por el desfilaron prestixiosos creadores da calidade de Jaron Lanier, Timothy Leary ou William Gibson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza lateral de cada segmento dos artrópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das entrañas comestibles dun animal. OBS: Xeralmente utilízase en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser asegurado.

    2. Que é susceptible de ser garantido por un seguro, tanto desde o punto de vista legal como desde o da técnica aseguradora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de asegurar.

    2. Que posúe un seguro.

    3. Que está seguro ou firme.

    4. Persoa garantida por un seguro. Nos seguros de vida e de accidentes corporais, é a persoa sobre a cal gravita o seguro, e pode non coincidir coa persoa do beneficiario nin coa do contratante ou subscritor da póliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que asegura.

      1. Persoa que asume a cubrición de riscos de terceiros. Na linguaxe profesional adóitase chamar asegurador directo, en contraposición co reasegurador. En xeral é unha persoa xurídica, aínda que hai casos nos que son persoas individuais (Lloyd´s). Nalgúns países a función aseguradora é exercida por organismos públicos; noutros lugares un sector importante está nacionalizado.

      2. Axente de seguros e toda persoa profesionalmente dedicada a actividades aseguradoras ( seguridade social).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asegurar.

    2. Forma de tutela xurídica que comporta a adopción de determinadas medidas permitidas pola lei en previsión de futuros danos ou prexuízos que poida sufrir o ben xurídico asegurado.

    3. Aseguramento establecido xudicialmente polo que o demandante nun xuízo non pode malversar as cousas que son obxecto específico do litixio; consiste nun conxunto de medidas destinadas a garantir a efectividade da futura resolución xudicial.

    4. Conxunto de medidas previstas legalmente para garantir a efectividade da restitución do dote por parte do marido. Consiste na constitución, por parte deste, dunha hipoteca dotal, e na inscrición dos bens no rexistro da propiedade a nome da muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é seguro, sen perigo.

    2. Algo que ten calidade de seguro, que non falla.

    3. Calidade de seguro, cheo de confianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar firmeza a algunha cousa para que non caia, para que se manteña no lugar onde está posta.

    2. Dicir, anunciar ou prometer como certa unha cousa.

      1. Facer que alguén quede protexido contra determinados riscos por medio dunha póliza de seguros.

      2. Contratar unha póliza de seguros.

    3. Facer que algunha cousa quede garantida e sen riscos.

    4. Comprobar que algunha cousa é certa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calquera substancia que se diferenza doutra pola súa constitución.

      2. Aquilo que, xuntamente coa enerxía, constitúe o universo físico. A filosofía e a física pretendían, ata finais do s XIX, definir a materia polas súas calidades esenciais, que, en principio, consistían na extensión, na impenetrabilidade e na inercia. No s XVIII os enciclopedistas franceses engadiron a mobilidade, o peso e a “forza activa” (a eléctrica, por exemplo). A tendencia redutora do racionalismo e do positivismo, aínda así, mantivo ata o s XX a identificación da materia só coa inercia. Outros quixeron reducir a materia á enerxía ou substituíla por esta pero, segundo a lei da relatividade, isto equivale a reducila á inercia. A filosofía contrapuxo a materia á forma, entendendo aquela como o elemento constitutivo da realidade, que queda invariable baixo todo cambio. Inseparable da forma, a materia compréndese como distinta da forma pola razón. A doutrina aristotélica, neste aspecto (que relaciona a materia coa potencia e, ao mesmo tempo, a forma co acto) deu lugar, na escolástica, ao...

      3. Calidade esencial do real, en contraposición ao espírito, en virtude da que as cousas existen independentemente do feito de que sexan coñecidas pola consciencia. Se se entende esta como a consciencia humana, a afirmación da realidade material deu lugar ao realismo, en contraposición ao idealismo. Se se entende á vez a mesma consciencia divina (da que, polo tanto, a realidade existente queda independizada), incide no materialismo, en contraposición co espiritualismo.

      1. Parte fundamental dun estudo ou dun xuízo.

      2. Asunto ou contido dun escrito, dunha exposición falada, dunha conversa ou dun escrito.

      3. Disciplina ou grupo de disciplinas que integran un programa que vai ser ensinado dentro dun período de tempo determinado (xeralmente un curso académico), formando parte dun plan de estudios.

    1. Conxunto de xestos e obxectos externos que acompañan as palabras rituais constitutivas da forma dun sacramento, como botar auga e a ablución no Bautismo.

    2. ciclo carolinxio.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aquilo que, xuntamente coa enerxía, constitúe o universo físico. A filosofía e a física pretendían, ata finais do s XIX, definir a materia polas súas calidades esenciais, que, en principio, consistían na extensión, na impenetrabilidade e na inercia. No s XVIII os enciclopedistas franceses engadiron a mobilidade, o peso e a “forza activa” (a eléctrica, por exemplo). A tendencia redutora do racionalismo e do positivismo, aínda así, mantivo ata o s XX a identificación da materia só coa inercia. Outros quixeron reducir a materia á enerxía ou substituíla por esta pero, segundo a lei da relatividade, isto equivale a reducila á inercia. A filosofía contrapuxo a materia á forma, entendendo aquela como o elemento constitutivo da realidade, que queda invariable baixo todo cambio. Inseparable da forma, a materia compréndese como distinta da forma pola razón. A doutrina aristotélica, neste aspecto (que relaciona a materia coa potencia e, ao mesmo tempo, a forma co acto) deu lugar, na escolástica, ao...

      2. Calidade esencial do real, en contraposición ao espírito, en virtude da que as cousas existen independentemente do feito de que sexan coñecidas pola consciencia. Se se entende esta como a consciencia humana, a afirmación da realidade material deu lugar ao realismo, en contraposición ao idealismo. Se se entende á vez a mesma consciencia divina (da que, polo tanto, a realidade existente queda independizada), incide no materialismo, en contraposición co espiritualismo.

      3. Calquera substancia que se diferenza doutra pola súa constitución.

      1. Parte fundamental dun estudo ou dun xuízo.

      2. Asunto ou contido dun escrito, dunha exposición falada, dunha conversa ou dun escrito.

      3. Disciplina ou grupo de disciplinas que integran un programa que vai ser ensinado dentro dun período de tempo determinado (xeralmente un curso académico), formando parte dun plan de estudios.

    1. Conxunto de xestos e obxectos externos que acompañan as palabras rituais constitutivas da forma dun sacramento, como botar auga e a ablución no Bautismo.

    2. ciclo carolinxio.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO