Art Futura

Art Futura
[INFORM]

Expresión que designa unha serie de artes nacidas coas novas tecnoloxías como a infografía ou a animación por ordenador. Xorde a partir do certame de igual nome, con sede en Madrid, que recolle desde o ano 1990 as últimas tendencias artísticas relacionadas coas novas tecnoloxías. Foi pioneiro en España neste terreo e por el desfilaron prestixiosos creadores da calidade de Jaron Lanier, Timothy Leary ou William Gibson.