"Ube" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • GALICIA

    Promotor de teatro afeccionado e técnico cultural. Vinculado ao colectivo Abrente, desde 1984 participou na recuperación da Mostra de Teatro de Ribadavia, ata convertela no Festival Internacional de Teatro, do que é director. Tamén dirixe outros eventos culturais, como a Feira do Teatro de Santiago de Compostela ou o Festival de Danza de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Coñecido polo pseudónimo Rubén Darío, exerceu o xornalismo e a carreira diplomática. Colaborador en distintos xornais, foi correspondente de La Nación en España. En París estivo en contacto con parnasianos e simbolistas. Inspirador e pontífice da revolución modernista, a súa obra caracterízase pola riqueza verbal, a musicalidade, o predominio das imaxes exóticas, o enriquecemento da métrica, e pola calidade e cantidade das súas invencións formais. Autor de poemas e obras en prosa, da súa obra destaca Azul (1888), Prosas profanas (1896), Los raros (1896), Peregrinaciones (1901), Tierras solares (1904), Cantos de vida y esperanza (1905), Canto errante (1907), Poema de otoño (1910) e Canto a la Argentina (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista alemán. Pódese considerar en función da numerosa bibliografía que elaborou (Furni novi philosophici, Miraculum Mundi, etc) coma unha ponte entre a antiga tradición alquímica e a nova teoría química que comezaba a facerse camiño. Traballou na formación de sales e descubriu o sal mirabile ou sal de Glauber [NaSO4·10H6O]. Obtivo mediante técnicas de laboratorio numerosas substancias cun alto grao de pureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de calcio e de sodio, de fórmula Na2Ca(SO4)2. Cristaliza no sistema monoclínico. Preséntase en agregados en forma de ril, incoloros, pero tamén pode ser branco, gris, amarelo e rosado; é fráxil e de brillo vítreo e sabor salgado. A densidade é de 2,7-2,8 e ten unha dureza de 2,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo da Baixa Saxonia. Centrábase no burgo do mesmo nome, que foi a residencia dos príncipes de Brunswick-Grubenhagen, liña da liñaxe dos güelfos que se extinguiu en 1596. Pasou despois, sucesivamente, ás liñas de WolfenBüttel, de Celle (1617) e de Hannover (1665).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador cinematográfico. Autor de diversas obras sobre os medios de comunicación audiovisual: La televisión (1965), Historia del cine (1969), McCarthy, la caza de brujas (1970), El lenguaje de los cómics (1972), Comunicación y cultura de masas (1977) ou 100 años de cine (1982). Codirixiu, con Vicente Aranda, a película Brillante porvenir. En 1990 foi nomeado presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine. Foi guionista de Espérame en el cielo (1987) e El llarg hivern (1991). Foi galardoado co Premi de Cinematografia da la Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de gobernable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China, na rexión do Centro-Sur (185.000 km2; 60.280.000 [2000]). A súa capital é   Wuhan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Foi director do departamento de bioquímica do Instituto Max Planck de Martinsried. Analizou, xunto con J. Deisenhofer, a estrutura dunha proteína que intervén na fotosíntese de certas bacterias, o que permitiu unha maior comprensión do proceso da fotosíntese nos organismos. Recibiu en 1988, xunto con H. Michel e J. Deisenhofer, o Premio Nobel de Química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor austríaco. Seguidor de A. Altdorfer, pintou o retablo da confraría de Santa Ana de Feldkirch (1515-1521). En Viena foi membro da escola do Danubio. Entre as súas obras destaca Crucifixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 15 de febreiro de 1763 que xunto co de París puxo fin á Guerra dos Sete Anos, e polo que María Tareixa I de Austria cedeu definitivamente Silesia a Prusia a cambio do Condado de Glatz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que non acadou a pubertade. En calquera caso, segundo a lexislación española, considéranse impúberes os menores de 14 anos, sen distinción de sexo. Os impúberes non teñen capacidade legal para redactar testamento, contratar ou prestar testemuño. O dereito canónico considera impúbere o neno que non cumpriu os 14 anos e a nena que non cumpriu os 12, idade ata a que non se lles autoriza a contraer matrimonio nin a facer votos relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro sultán da dinastía afgana dos Xas de Corasmia. Designado sucesor pouco antes de morrer o seu pai (1219), tivo que refuxiarse en Ghaznī. Derrotado por Xenguis Khan (1221), morreu nun novo enfrontamento co exército mongol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hubert Loescher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo político constituído en 1808 en Aranjuez, con funcións de goberno, pola unificación das diferentes xuntas provinciais que xurdiron ao comezar a Guerra da Independencia. Tratou de harmonizar as tendencias revolucionarias das xuntas provinciais coa actitude conservadora dos sectores do Antigo Réxime, sen chegar a conseguilo. Trasladouse a Sevilla e posteriormente a Cádiz, onde foi substituída por un Consello de Rexencia (xaneiro de 1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político búlgaro. Considerado un dos fundadores do realismo búlgaro, escribiu contos e novelas en búlgaro, serbio e ruso, como Stranicy iz knigi stradanij bolgarskogo plemeni (Páxinas de sufrimentos do pobo búlgaro, 1868) e Vinovata li sud’ba? (Ten a culpa o destino?, 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade crómica do clinocloro. O seu contido en Cr2O3 é superior ao 4%. Foi identificado por P. A. Kochubei en 1950. En Galicia está presente en Vixía Herbeira, na serra da Capelada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bychory 1914 - Lucerna 8.8.1996) Director de orquestra e compositor checo. Foi director titular da Orquestra Filharmónica Checa (1941-1948), da Orquestra Sinfónica de Chicago (1950-1953) e da Orquestra do Metropolitan de Nova York (1973-1974), e destacou, sobre todo, no repertorio romántico alemán. É autor de diversas óperas, de dúas sinfonías e de música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, crítico literario e director teatral. Seguidor de Heine, na súa produción teatral salienta a influencia de Schiller, sobre todo en Die Karlschüler (Os discípulos de Karl, 1846) e Graf Essex (O conde de Essex, 1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor belga. Coñecido como Hubert Juin, exerceu o xornalismo nas publicacións Combat, La quinzaine littéraire e Le Monde, e escribiu poesía, novela e ensaio. Das súas obras destacan Poèmes Choisis (1922) e Victor Hugo (1981-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO