"Uma" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 364.

  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo francés. Foi axudante de notario e copista na chancelería do duque de Orléans, antes de dedicarse por completo á literatura. Protexido do duque de Montpensier, en 1847 inaugurou o Théâtre Historique e, posteriormente, fundou os xornais La Liberté, Le Mois e Le Mousquetaire. De ideas republicanas, apoiou a Revolución de 1948 e a causa de Garibaldi. Trala vitoria do líder italiano, estableceuse en Nápoles ata o ano 1864, onde o nomearon xefe de escavacións e museos. Admirador de Walter Scott e paradigma do romanticismo francés, cultivou a novela histórica, a comedia e o drama. Cómpre destacar da súa abundante produción, que conta co traballo de numerosos colaboradores, como Auguste Maquet, as obras Henri III et sa cour (Enrique III e a súa corte, 1829), Antony (1831), Napoleón Bonaparte (1831), La tour de Nesle (A torre de Nesle, 1832), Les trois mousquetaires (Os tres mosqueteiros, 1844), Le comte de Monte-Cristo (O conde de Montecristo, 1844), La reine Margot (A Raíña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Foi o primeiro que introduciu os traballos de laboratorio dentro do ensino. Os seus tratados conteñen unha gran cantidade de información sobre procedementos técnicos. Entre os seus traballos cómpre sinalar unha serie de investigacións, a miúdo coa colaboración de Boussingault, sobre a composición ponderal do aire, as fermentacións alcohólicas e lácticas, a descomposición do sangue e a interrelación entre os metabolismos vexetal e animal. Onde deixou unha pegada máis forte foi no apartado da química orgánica, cos seus traballos sobre a urea, o ácido benzoico e o método para a determinación da densidade de gases que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para determinar as masas moleculares relativas de líquidos volátiles mediante pesada, ideado por J. B. A. Dumas. Consiste en pesar un bulbo de vidro fino de colo longo e estreito cheo de aire a unha temperatura coñecida; despois, introdúcese unha pequena cantidade de mostra e quéntase o bulbo, de xeito que se evapora o líquido expulsando o aire. Sélase o extremo do colo, arrefríase o bulbo e pésase á temperatura coñecida. O volume do bulbo determínase enchéndoo con auga e pesándoo de novo. Se se coñece a densidade do aire, pódese calcular a masa do vapor no volume coñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarquista. Iniciouse na actividade sindical dentro da Unión de Metalúrgicos, integrada na UGT (1912). Desertou do exército e participou na fracasada folga xeral de ferroviarios, polo que se exiliou en Francia (1917), onde se relacionou con exiliados anarquistas. En xaneiro de 1919 volveu a España, afiliouse á CNT e participou na creación dos grupos anarquistas Los justicieros (1920) e Crisol (1922), que se transformou, meses máis tarde, en Los solidarios. Tralo establecemento da Ditadura de Primo de Rivera, refuxiouse en París e en decembro de 1924 marchou a América, onde visitou Arxentina, México, Cuba, Uruguay e Chile. Regresou a Europa en febreiro de 1926 e organizou un atentado contra Afonso XIII en París, pero fracasou e foi encarcerado. Logo da proclamación da Segunda República instalouse en Barcelona e integrouse na Federación Anarquista Ibérica (FAI) no 1932, na que organizou unha á radical dentro da CNT, o grupo Nosotros. Participou na insurrección do Alto Llobregat...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘borracheira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir unha cousa con betume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Charca que se forma no chan.

    2. Lameira que se forma nunha superficie.

    3. Mestura sucia e pastosa feita con substancias brandas.

    4. Comida mal feita.

    5. Amaño mal feito para resolver unha situación dificultosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encher de auga un terreo.

    2. Facer empadumadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Olor e sabor desagradables que adquiren certas substancias orgánicas, animais ou vexetais, cando se someten a un proceso de descomposición térmica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que posúe as características do empireuma.

    2. Produto resultante da destilación seca de materias orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de emplumar.

    2. Aplícase á frecha ou dardo que ten plumas no seu outro extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór plumas a algo ou a alguén, especialmente como adorno.

      1. Castigar a alguén cubríndolle o corpo cunha substancia, como o unto ou a bra, para logo pegar sobre ela plumas de ave.

      2. Condenar ou sancionar a alguén.

    2. Botar ou mudar as plumas unha ave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roubar algo con astucia.

    2. Procurar con mañas que alguén diga o que sabe.

    3. Contar embustes para entreter ou ilusionar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de engoumar ou engoumarse.

    2. Encurvado por mor da idade, das enfermidades ou das desilusións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir o movemento dun membro ou dun músculo.

    2. Encollerse ou paralizarse o movemento dalgún membro ou músculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dispersión dun gas nun líquido en que a fase dispersa, que é o gas, está pechada nun conxunto de pequenas celas ou burbullas formadas por unha película moi fina de líquido dispersante. A medida destas burbullas depende da tensión superficial do líquido. Nalgúns procesos industriais cómpre eliminar a escuma, xa sexa por medios mecánicos ou por adición de axentes antiescumantes ao líquido. Non obstante , noutros procesos provócase a formación da escuma por axitación ou por adición de axentes tensioactivos.

      2. Produto cosmético ou de limpeza que presenta a consistencia da escuma ou se aplica desa forma.

    1. Mestura de cuspe e burbullas que se forma na boca dunha persoa ou dun animal.

    2. Rocha de cor branca e gris clara. Entre os seus compoñentes destaca sobre todo a sepiolita. Abunda en Asia Menor e utilízase na fabricación de cachimbas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de culler grande con moitos furados, utilizada para escumar líquidos e para escorrer alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuspe abundante que se bota pola boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que bota ou produce escuma.

    VER O DETALLE DO TERMO