"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • PERSOEIRO

    Escritora. Deuse a coñecer en 1952 cos libros Altra veu (Outra vez) e Eva en el tiempo, de poesía lírica de carácter simbolista afianzado en Ratlles a l’aire (Raias no aire, 1956). É autora tamén de contos e de novelas como La dona forta (A muller forte, 1967) e Antiga patria (1968). Obtivo o Premio de Poesía Calvina Terzaroli (1956) e a Generalitat concedeulle, en 1992, o Premio das Letras Valencianas polo conxunto de toda a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, drenado por diversos afluentes do Duero, ao N do municipio, e do Tormes, ao S (1.549 h [1996]). As principais actividades económicas adscríbense ao sector agropecuario, destacando a gandería ovina e o cultivo de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor turco. Pertence á corrente neoclásica, se ben as súas calidades xa apuntan ao nacionalismo turco. É autor de Mehlika Sultan (A sultá Mehlika).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza clásica do SL da India que se interpreta co concurso dun cantante e dun acompañante de tambores e de bordóns de corda. De orixe cultural, era propia das devadāsis (rapazas dedicadas ao servizo dunha divindade nun templo, onde practicaban unha prostitución que era considerada honorable).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tailandia. Noveno monarca da dinastía Rama. Sucedeu ao seu irmán Ananda Mahidol (1946). Foi coroado en Bangkok no 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Bruxelas. Ten a súa orixe na antiga biblioteca da casa ducal de Borgoña, fundada por Filipe o Bo no s XV. Máis tarde, Filipe II de Castela estableceu a primeira biblioteca real en Bruxelas, pero despois da Revolución Francesa os libros foron dispersados. No 1837, o goberno belga reuniuna de novo e, engadíndolle os fondos de varias casas relixiosas secularizadas, organizou a actual biblioteca. Funciona a xeito de biblioteca nacional do estado belga. Posúe ao redor de 3 millóns de volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán xeneral de Galicia dende o 11 ata o 29 de maio de 1808. favorable á entrada dos franceses en terras galegas en 1808. Publicou un bando no que denunciaba os acontecementos sucedidos o 2 de maio en Madrid e quixo evitar que se reproducisen en Galicia, para o que redactou un informe que enviou aos principais concellos galegos o 11 de maio. Cando a Xunta Suprema do Reino de Galicia someteu á súa xurisdición ao capitán xeneral, este foi enviado fóra de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político camerunés. Estudiou Política e Dereito en París. Regresou a Camerún en 1962. En 1968 foi nomeado ministro de Estado e secretario xeral da Presidencia, en 1975 primeiro ministro e, en 1982, Presidente da República. En 1983 foi proclamado presidente da Unión Nacional Camerunesa, que en 1989 se refundou como Reagrupamento Democrático do Pobo Camerunés. En 1990, presionado pola oposición, convocou eleccións presidenciais e lexislativas que gañou de novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director editorial. Realizou estudios de Marketing e publicidade. Foi director de marketing da editorial Anaya e traballou tamén para a empresa editorial Asuri de Bilbao. Foi socio-fundador e director administrativo de Edicións Xerais de Galicia xunto con Xulián Maure, e socio-fundador e director editorial de Edicións do Cumio. Destaca nel o seu carácter pioneiro e creativo dentro do mundo editorial galego. Foi presidente da Asociación Galega de Editores. O Premio de Narrativa Eixo Atlántico leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, astrónomo e escritor húngaro. Calculou as órbitas de varios cometas, traballou nas bases da Xeometría e publicou no 1832 Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras). No eido da literatura publicou Öt szmorújáték (Cinco traxedias, 1817) e Párisi per (Proceso en París, 1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático húngaro. Fillo de F. W. Bolyai, foi un dos fundadores da Xeometría non euclidiana. Publicou o seu primeiro traballo como apéndice da obra do seu pai Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras, 1832).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, irmán de Joaquim Bonet i Vinyals. Foi profesor e director da Escola de Nàutica de Barcelona. Publicou, en colaboración con Ezequiel Calvet, as Tablas de Logaritmos Españoles. Publicou tamén, con Joan Dey, unhas Tablas de declinaciones del Sol y ecuaciones del tiempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de marsupiais fósiles propios da Patagonia. Eran plantigrados, de ata 1,5 m de lonxitude, corpo groso, cola longa e dentición similar á dos carnívoros placentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (23.189 km 2; 1.174.031 h [estim 1997]). A súa capital é Tunja (118.406 h [estim 1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar da Guerra da Independencia do vicerreinado de Nueva Granada acontecida o 8 de agosto de 1819. As tropas de Simón Bolívar derrotaron o exército real do xeneral Barreiro que se dirixía a Bogotá. Con esta vitoria, Bolívar asegurouse a independencia do vicerreinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Foi editor do Evening Post, xornal de ideoloxía liberal, que dirixiu durante máis de cincuenta anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do estado de Bihar, na India, a uns 12 km da cidade de Gayā, onde segundo a tradición o Buda, baixo unha árbore pippala (Ficus religiosa), recibiu a iluminación. Desde moi cedo a árbore converteuse en meta de peregrinacións dos adeptos á nova relixión. Á súa beira, o Emperador Aśoka (s III a C) ergueu un stupa do que se conserva unha parte do recinto. No seu lugar, cara ao s VII, edificouse o Mahabodi, monumento visitado por gran número de peregrinos budistas de todo o mundo e que exerceu unha grande influencia sobre a arquitectura oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Por disidente, estivo na cadea, onde escribiu a primera parte do Pilgrim’s Progress (1678), o libro máis lido en Inglaterra despois da Biblia que describe, alegoricamente, as etapas que o cristián atravesa para chegar a Cristo. Escribiu arredor de sesenta obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero, músico e poeta. Recibiu unha esmerada formación musical e chegou a ser violoncelista primeiro da catedral mindoniense. Como poeta tiña unha gran facilidade para versificar e mesmo houbo ocasións nas que conversou en verso, como aconteceu nunha tertulia na que, tomando café cos amigos, escribiu “Oda al Vaticano”. No eido da música deixou algunhas notables composicións, non coleccionadas como La Redención, La España que muere, El Sol del Vaticano e Mi hermosa niña murió.

    VER O DETALLE DO TERMO