Buddh Gaya

Buddh Gaya

Localidade do estado de Bihar, na India, a uns 12 km da cidade de Gayā, onde segundo a tradición o Buda, baixo unha árbore pippala (Ficus religiosa), recibiu a iluminación. Desde moi cedo a árbore converteuse en meta de peregrinacións dos adeptos á nova relixión. Á súa beira, o Emperador Aśoka (s III a C) ergueu un stupa do que se conserva unha parte do recinto. No seu lugar, cara ao s VII, edificouse o Mahabodi, monumento visitado por gran número de peregrinos budistas de todo o mundo e que exerceu unha grande influencia sobre a arquitectura oriental.