"aris" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 297.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Administración revolucionaria de París (1789-1795). A partir do 14 de xullo de 1789 substituíu o corpo municipal e presidiuna Bailly. A Comuna insurreccional (9 de agosto de 1792) converteuse no verdadeiro motor da revolución, pero aceptou a súa substitución progresiva (setembro de 1793) polo Comité de Salvación Pública. Coa súa caída desapareceu como forza política, aínda que continuou funcionando ata a disolución da Convención.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección revolucionaria acontecida en París do 18 de marzo ao 28 de maio de 1871. Iniciouse cando Thiers, nomeado xefe do poder executivo pola Asemblea Nacional de Bordeos, tentou desarmar a Garda Nacional de París, sitiada polo exército prusiano de Bismarck. A resposta popular, coa ocupación do concello e a execución de dous xenerais, obrigou a Thiers a fuxir a Versailles. Ademais do comité central da Garda Nacional, os grupos revolucionarios de París constituíano fundamentalmente os xacobinos, os partidarios de Blanche e os obreiros internacionalistas. Estes grupos enfrontáronse coa burguesía, que se aproximara ás tendencias de Bismarck. O 26 de marzo, o comité central da Garda Nacional organizou, mediante sufraxio universal, a elección dunha “Comuna”, composta sobre todo por xacobinos e partidarios de Blanche. A Comuna constituíuse desde un principio como órgano executivo e lexislativo. Substituíu o exército permanente pola Garda Nacional, puxo a policía e toda a administración baixo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década dos oitenta nos EE UU que supón unha crítica frontal ao liberalismo. Os partidarios do comunitarismo coinciden na defensa dunha noción positiva de liberdade; sen embargo, coexisten dúas tendencias opostas en relación coas solucións propostas para resolver a situación: por un lado, aquela que busca a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia, a localidade ou a relixión; e, por outro, aquela de carácter máis político que propugna a creación de verdadeiras democracias participativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que sostén a supremacía do concilio sobre o papa. O Decreto de Gracia (s XII) inclúe xa o principio que determina que o papa pode ser xulgado pola Igrexa en caso de herexía. Marsilio de Padua e William Ockam (s XIV) estableceron a base do conciliarismo, defendido brillantemente por Konrad von Gelnhuasen, Heinrich von Langenstein, Pierre d’Ailly e Gerson. Esta doutrina, que triunfou co Cisma de Occidente, aplicouse nos concilios de Constanza (1418) e Basilea (1447), e tivo adeptos ata o Concilio I do Vaticano (1869-1870).
-
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi lector na Universidade de Toulouse e exerceu a docencia e a crítica literaria. Colaborador en numerosas publicacións (Cuadernos de Literatura, Arte Español, Revista de Occidente), foi articulista do ABC, redactor-xefe de El Pueblo Gallego, dirixiu a revista Ronsel e codirixiu Transit. Estudiou a Baltasar Gracián e publicou as súas Obras completas en 1944. Da súa produción prosística destaca Luar (1923), que inclúe os “tres contos galaicos”: “Romaxe”, “A perdida” e “Gárgolas”, posteriormente incluídos en La noche céltica (1955); El milagro y la rosa (1924); Conceición singela do Ceo (1925); Notas para un magisterio idealista (1926); Margarida a da sorrisa de aurora (1927); Índice de utopías gallegas (1929); e Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (1959)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empregado de banca e político. Foi asesor do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (1994-1998) e do Ente Público Portos de Galicia (1996-1997). Na V lexislatura galega foi parlamentario no grupo do Partido Popular (1997-1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das cupresáceas ao que pertence o ciprés de Leyland.
-
PERSOEIRO
Primeiro bispo de París. Convertido ao cristianismo por san Paulo en Atenas, foi predicar o Evanxeo á Galia. Segundo Gregorio de Tours, o Emperador Domiciano mandouno prender en Catulliacus (actual Saint-Denis), onde o martirizaron xunto aos seus discípulos Eutelo, sacerdote, e Rústico, diácono. Como os grandes mártires, foi flaxelado, queimado, botado ás feras, metido nun forno ardente e crucificado ata que, finalmente, morreu decapitado en Montmartre. Conta a lenda que o seu corpo se ergueu, colleu a súa cabeza nas mans e andou ata o lugar onde o enterrarían e onde se construiría a abadía de Saint-Denis, punto de partida do Camiño de Santiago. Preto do ano 625 o rei merovinxio Dagoberto fixo construír alí un mosterio, onde están enterrados case todos os reis de Francia. Na iconografía adoita identificarse con san Denís o Areopaxita.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa que parece estar aparvada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa na confección ou publicación dun diario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autor de dicionarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que, por iniciativa propia ou por encargo dunha corporación, escribe ou continúa un dietario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e establecido en Marné-la-Vallée, a 32 km de París, desde o 12 de abril de 1992. Forma parte dos proxectos de expansión da empresa Disney polo mundo. Conta con máis de 12.000 empregados repartidos entre as diversas atraccións e os hoteis. Ademais, está situado nun importante nó de comunicacións de autoestradas, unido a París mediante o tren de alta velocidade e a medio camiño dos aeroportos de Orly e Roissy-Charles-de-Gaulle.
-
-
Calidade de doutrinario.
-
Sistema político que profesaba o compromiso entre o poder real e a soberanía popular a comezos do s XIX. Difundiuse en Francia a partir de 1815, onde se pretendía establecer un goberno constitucional cunha concepción intermedia entre a liberdade e a autoridade, entre a monarquía e o réxime representativo. As doutrinas españolas durante o reinado de Isabel II e Afonso XII defenderon a propiedade privada, a primacía da orde pública e o respecto ás clases dirixentes.
-
-
PERSOEIRO
Pintor finlandés. Formouse en París baixo a influencia de Bastien-Lepage e converteuse no principal realista de Finlandia. Entre as súas obras destaca Retrato de Louis Pasteur (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Integrouse no movemento guerrilleiro en 1936 e desenvolveu a súa actividade no NL da provincia da Coruña, na conca do río Eume, na IV Agrupación Guerrilleira liderada por José Vázquez Mauriz Patitas e Ramiro Martínez López Zapateiro. En decembro de 1946 embarcou nun pesqueiro xunto a outros vinte e un guerrilleiros e enlaces que actuaran ata ese momento no N das provincias da Coruña e Lugo. Desembarcou en Baiona e refuxiouse en Francia. O seu irmán Manuel Eive Vilar (Regüela, Cabanas? - 2.8.1946), pertenceu á mesma agrupación e morreu nun enfrontamento coa Garda Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Movemento artístico disidente do neoplasticismo. Promoveuno Theo van Doesburg coa publicación dun manifesto en De Stijl (1926), no que expoñía as súas diverxencias co dogmatismo do neoplasticismo de P. Mondrian e defendía o uso da composición diagonal do ángulo recto.
-
Teoría psicolóxica de Wilhem Wundt e dos seus seguidores, en particular de Edward Tichener, que establece como obxecto da psicoloxía o estudo dos elementos e dos compostos que integran a consciencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, de follas reducidas a vaíñas, con máis de tres flores hermafroditas nunhas espiguiñas que presentan escamas dispostas helicoidalmente e aparecen nunha inflorescencia terminal formada por unha única espiga. O froito é unha núcula que porta un apéndice apical cónico ou mameliforme ben diferenciado. En Galicia están presentes as seguintes especies: E. acicularis, propia de augas pouco profundas ou áreas temporalmente asolagadas; E. bonariensis, naturalizada; E. multicaulis, que se encontra en brañas, pastos e uceiras; E. palustris, en prados húmidos e pantanos; E. parvula, en lameiras salinas do litoral e lagoas salgadas, e E. quinqueflora, en solos húmidos.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Redactor xefe do diario coruñés La Mañana, publicou Miniaturas políticas. Semblanzas de todos los senadores y diputados de la pasada legislatura (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Formouse en París na École des Beaux-Arts e na Académie Julian. Trasladouse a Nova York en 1950 e continuou os seus estudios na Hans Hofmann School de Provincetown e na Art Students’ League de Nova York (1951-1954). A súa obra sitúase na estética da pop art. Realizou esculturas de madeira de tamaño natural con cabezas humanas e extremidades e diversos adornos que se relacionan entre si formando grupos ordenados de xeito paralelo. Estas obras, nas que incluíu un contido crítico e satírico, achéganse ás ensamblaxes e aos enviroments. Destacan, entre outras, La familia (1962), La visita (1964), Mujer y perro (1964), e os retratos de personaxes públicos realizados dende os anos oitenta, entre outros, os de Pablo Picasso, Desmond Tutu e o Dr. José Gregorio Hernández.
VER O DETALLE DO TERMO