Denís de París, san

Denís de París, san

Primeiro bispo de París. Convertido ao cristianismo por san Paulo en Atenas, foi predicar o Evanxeo á Galia. Segundo Gregorio de Tours, o Emperador Domiciano mandouno prender en Catulliacus (actual Saint-Denis), onde o martirizaron xunto aos seus discípulos Eutelo, sacerdote, e Rústico, diácono. Como os grandes mártires, foi flaxelado, queimado, botado ás feras, metido nun forno ardente e crucificado ata que, finalmente, morreu decapitado en Montmartre. Conta a lenda que o seu corpo se ergueu, colleu a súa cabeza nas mans e andou ata o lugar onde o enterrarían e onde se construiría a abadía de Saint-Denis, punto de partida do Camiño de Santiago. Preto do ano 625 o rei merovinxio Dagoberto fixo construír alí un mosterio, onde están enterrados case todos os reis de Francia. Na iconografía adoita identificarse con san Denís o Areopaxita.