"asia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 168.

  • Dilatación morbosa do estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aspiración de sangue, especialmente por medio de ventosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1642 como corporación relixiosa e laboral dos mestres. En 1647 aprobáronse as primeiras ordenanzas, que se renovaron en 1703 e 1719. Como gremio profesional e de carácter pedagóxico, obtivo o seu recoñecemento en 1668 e, posteriormente, o Real y Supremo Consejo de Castilla renovou as súas ordenanzas. A Hermandad fundada na Corte tiña categoría de cabeceira respecto a outras filiais. A chegada de Carlos III e, sobre todo, a maior puxanza do Colegio Académico de Profesores Maestros del Noble Arte de las Primeras Letras, do que se aprobaron os estatutos en 1780, aconsellaron a disolución da Hermandad, tamén esixida pola política reformista dos gobernadores do despotismo ilustrado. As funcións principais da Hermandad eran a de propoñer os examinadores de mestres, sinalar os requisitos para o exame de sufficientia e de vita et moribus, propoñer os mestres leccionistas para as escolas e regular as axudas e fondos para a enfermidade e xubilación dos mestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de dehiscencia do froito no que o axente causante é a humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Multiplicación excesiva, sen características malignas, dos elementos dun tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento incompleto ou deficiente dun tecido ou dun órgano.

    2. Perda do desenvolvemento dun órgano antes de que os seus tecidos cheguen a diferenciarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter unha idea, unha constatación empírica ou outra cousa nunha realidade independente con existencia por si mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación entre órganos análogos de diferente orixe e idéntica función.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de ser propia dunha persoa, dun pobo ou dunha colectividade.

    2. Susceptibilidade a unha droga, un alimento ou calquera outra substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia (575-596?) e de Borgoña e Orléans (592?-596?), fillo do Rei Sixeberto I e Bruniquilda. Foi adoptado polo seu tío, o Rei Guntram I de Borgoña-Orléans, co que loitou contra Khilperico I de Neustria-Soissons. Ao morrer Guntram I (592?), herdou os reinos de Borgoña e Orléans e unha parte do de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Austrasia (663-675) e Neustria e Borgoña (673-675), fillo de Clodoveo II e Batilda. En 673 apoderouse dos reinos de Neustria e Borgoña, e reconstituíu a unidade do reino dos francos. Morreu asasinado por un nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria, Austrasia e Borgoña (743-751). Derradeiro rei merovinxio, foi proclamado por vontade dos mordomos do palacio, Carlomán e Pipino, fillos de Carlos Martel. Foi desposuído e enviado ao mosteiro de Sithiu cando Pipino tomou o título de rei dos francos en 751.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria (715-719), de Austrasia (719) e dos francos (719-721), fillo de Khilderico II de Austrasia-Neustria-Borgoña e Bliquilda. Ao morrer seu pai (675), recluírono nun mosteiro pero, á morte do Rei Dagoberto II, os magnates de Neustria proclamárono rei. Opúxose ao mordomo do palacio de Austrasia, Carlos Martel, e derrotouno cerca de Liexa (716) e de Soissons (719). Non obstante , trala morte de Clotario IV de Austrasia, Carlos Martel devolveulle o trono e foi recoñecido como rei de todo o regnum francorum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Calvos (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 902 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Protocontinente do hemisferio N que se contrapón ao de Gondwana do hemisferio S. Os dous protocontinentes fragmentáronse a partir do supercontinente chamado Panxea que agrupaba, durante o Paleozoico Inferior, a totalidade da superficie continental da Terra. Laurasia estaba formada por América do Norte, Groenlandia e Eurasia, excluíndo India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección das mucosas, principalmente da bucal, que consiste na aparición de placas brancas ou opalinas resultantes do engrosamento e a queratinización do epitelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de uva moi doce e aromática, de grans grosos, tenros e ovoides. Cultívase na Península Ibérica, especialmente en Sitges (Barcelona), Grecia, Occitania e o S de Italia.

    2. iño doce e recendente que se obtén desta variedade de uva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben as aves do xénero Oxyura, e aves de aspecto similar como a especie Biziura lobata (malvasía papuda), da familia dos anátidos, que se caracterizan por ter un corpo repoludo, a cabeza de gran tamaño co pico xeralmente azul, pés grandes, patas e ás curtas e cola tesa que adoitan ter vertical.

    2. Ave de 48 cm de lonxitude aproximadamente, de cabeza grande branca cunha liña negra, pico avultado, que nos machos durante o celo é azul, corpo pardo e cola longa e erguida. Presentan dimorfismo sexual, e os machos son máis rechamantes. Aliméntase de sementes de plantas acuáticas ou larvas de insectos. É unha especie ameazada, e na Península Ibérica atópase en perigo de extinción.

    3. Ave de entre 35 e 48 cm de lonxitude, fundamentalmente herbívora, que presenta o corpo robusto acastañado, cabeza e pescozo negros, peteiro azul e groso, a cola coas plumas duras e puntiagudas, e presenta dimorfismo sexual, especialmente na época de celo.

    4. Ave acuática, de entre 61 a 73 cm de lonxitude, que presenta a plumaxe  parda, con ás brancas e peteiro escuro. Os machos son máis pesados que as femias. Aliméntase de insectos acuáticos e algúns peixes pequenos ou ras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Noirmoutier 31.7.1796 - Angers 24.4 .1868) Relixiosa. Fundadora da congregación de Nosa Señora da Caridade do Bo Pastor en 1835, foi canonizada en 1940. A súa festividade celébrase o 24 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO