2 malvasía

2 malvasía
  1. s f [ANIMAL/ORNIT]

    Nome común que reciben as aves do xénero Oxyura, e aves de aspecto similar como a especie Biziura lobata (malvasía papuda), da familia dos anátidos, que se caracterizan por ter un corpo repoludo, a cabeza de gran tamaño co pico xeralmente azul, pés grandes, patas e ás curtas e cola tesa que adoitan ter vertical.

  2. malvasía caribranca [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 48 cm de lonxitude aproximadamente, de cabeza grande branca cunha liña negra, pico avultado, que nos machos durante o celo é azul, corpo pardo e cola longa e erguida. Presentan dimorfismo sexual, e os machos son máis rechamantes. Aliméntase de sementes de plantas acuáticas ou larvas de insectos. É unha especie ameazada, e na Península Ibérica atópase en perigo de extinción.

  3. malvasía carinegra [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de entre 35 e 48 cm de lonxitude, fundamentalmente herbívora, que presenta o corpo robusto acastañado, cabeza e pescozo negros, peteiro azul e groso, a cola coas plumas duras e puntiagudas, e presenta dimorfismo sexual, especialmente na época de celo.

  4. malvasía papuda [ANIMAL/ORNIT]

    Ave acuática, de entre 61 a 73 cm de lonxitude, que presenta a plumaxe  parda, con ás brancas e peteiro escuro. Os machos son máis pesados que as femias. Aliméntase de insectos acuáticos e algúns peixes pequenos ou ras.