malvela

malvela
Nome científico: [Glechoma hederacea, Fam das lamiáceas]
s f [PLANTA]

Planta herbácea perenne, que presenta talos rastreiros, follas reniformes ou cordiformes, e   flores violáceas con manchas purpúreas. Crece en bosques e lugares sombríos, na Europa húmida. Emprégase para as afeccións respiratorias e urinarias. En Galicia é abundante. Na tradición oral recóllense ditos como “Se as mulleres soubesen da malvela comeríana no prado, como as vacas a herba”. OBS: Tamén se denomina herba do reste, herba dos bolos, herba redonda ou malva de olor.