"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en maio de 1969 na Coruña. Redactado en castelán e de tendencia fascista, contou coa colaboración de Mario Velo, Luis Mariño Lafuente, Santos Sánchez e Marín Paniagua. No sumario atopáronse títulos como “Editorial”, “Universidad y nacionalsindicalismo”, “Guardia de Franco: noticias y actividades”, “Aquí la vieja guardia”, “Franco o el acierto político” ou “Ayuntamiento de La Coruña”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade das Filipinas, na rexión de Luzón Central (173.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Camariñas, está constituído por un cabo rochoso e dous illotes independizados da costa, chamados Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Cunha vexetación limitada a matogueiras, o interese natural do espazo débese ás aves que aniñan nos cantís como a gaivota tridáctila, o paíño común, o corvo mariño cristado e os últimos araos comúns de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos cacatúidos, de ata 80 cm de lonxitude, curupela eréctil que pode ser de cor distinta ao resto da plumaxe, ás longas, cola curta e peteiro forte, dentado e comprimido lateralmente. De hábitos arborícolas, evolucionan malamente no chan e son boas gabeadoras. Viven nas proximidades dos grandes cursos de auga das selvas tropicais e ecuatoriais de Nova Guinea, Filipinas, as Molucas e Australia. Ao amencer abandonan as copas das árbores onde pasan a noite e baixan ao solo do bosque. Aliméntanse de froitos, sementes, gromos, tubérculos e, ás veces, de insectos e vermes. A súa voz, rouca e estridente, deulle nome a esta ave de forma onomatopeica. As parellas xeralmente fan un buraco nas árbores vellas e cobren o fondo cun leito de restos principalmente vexetais, onde teñen un máximo de catro crías que coidan ata que se independizan. Son aves moi lonxevas, algunhas especies acadan máis de 50 anos e existen casos rexistrados en catividade de exemplares que superaron os 100 anos....

    2. [Proposciger aterrimus, Fam dos cacatúidos]

    3. [Cacatua galerita, Fam dos cacatúidos]

    4. [Cacatua

    5. [Cacatua leadbeateri, Fam dos cacatúidos]

    6. [Calyptorhynchus

    7. [Nymphicu

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos cacatúidos.

    2. Familia de aves da orde dos psitaciformes á que pertencen as cacatúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da subfamilia dos cacatuínos.

    2. Subfamilia de aves da familia dos cacatúidos ao que pertencen a maioría das cacatúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político moderado. Foi deputado polo distrito de Ordes, procurador en Cortes, senador vitalicio e ministro da Gobernación durante o réxime moderado do xeneral Narváez (1843-1854), cargo no que se mostrou como un hábil diplomático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proposta ou condición de alguén como candidato.

    2. Conxunto de candidatos presentados ou propostos para unha elección.

    3. Papeleta, escrita co nome dun ou varios candidatos, utilizada para votar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural lucense que formaba parte da Juventud Antoniana de Lugo e que se presentou ao público en 1916. O seu cadro dramático escenificou entre 1919 e 1925 pezas de Nan de Allariz, Manuel Lugrís Freire, Galo Salinas, Avelino Rodríguez Elías, e as zarzuelas Carmela e Amor na cume. Xa en 1943 puxo en escena Non chores Sabeliña, de José Trapero Pardo, en colaboración co coro Frores e Silveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación plástica de persoas, feitos, costumes e hábitos sociais consistente na deformación grotesca dos seus trazos máis característicos para producir un efecto cómico ou crítico, acompañada habitualmente de texto. Nos ss XIX e XX, púxose ao servizo da política e tomou forza en Inglaterra e Francia, e estendeuse por toda Europa. Francia foi a vangarda con artistas como Daumier, Doré, Gavarni, Steinlen, Gill, Caran d’Ache, Sem e Forain, ao final do s XIX e ao principio do s XX e, posteriormente, con Chaval, Siné e Wolinski. As principais revistas foron L’Assiette au Beurre, Le Rire, Le Canard Enchainé e Crapouillot. Inglaterra contou con destacados caricaturistas, todos eles herdeiros de Thomas Rowlandson (1756-1827); Rops e Ensor sobresaíron en Bélxica na segunda metade do s XIX; e Alemaña deu no primeiro terzo do s XX a figura de Grosz e os debuxantes de Simplicissimus e Jugend. En España, Goya destacou como caricaturista e no...

      1. Imitación ou representación carente de valor que se fai dalgunha cousa.

      2. Texto que reflicte de forma degradada calquera realidade para ridiculizala.

    2. Persoa ou cousa que constitúe unha copia simple e degradada doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á caricatura ou feito amodo de caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai caricaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representar algo ou a alguén por medio dunha caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e teólogo. Doutorado en Filosofía na Universidade gregoriana de Roma e na Universidad de Madrid, dedicou a maior parte da súa vida ao estudo da obra de Anxo Mª X. Amor Ruibal. Foi ademais bolseiro da Fundación Juan March en Italia para o estudo da lingua e da literatura italiana, e axudante do catedrático Montero Díaz. Á parte do seu labor investigador, traballou como xefe de sección na dirección xeral de Correos e Comunicacións. Entre as numerosas obras publicadas ao longo da súa vida, cómpre destacar artigos como “Don Ángel Amor Ruibal: su vida y obra filosófica”, publicado en Crisis (1954), ou “Críticas Ruibalistas de las pruebas platónicas de la existencia de Dios”, editado en Augustinus (1957), e libros como a edición dos Cuatro manuscritos inéditos de Ángel Amor Ruibal (1964) ou a Demostración de la existencia de Dios en la filosofía de Ángel Amor Ruibal (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anzol atado á sedela, no que se pon o engado, especialmente o que se emprega na captura de peixes grandes como o congro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De familia acomodada, desempeñou un cargo oficial en Bitinia, no estado maior do propretor Memmio, entre os anos 56 e 57. Pertenceu ao grupo dos neotéricos. Influído pola lírica grega arcaica (Safo), pola poesía alexandrina (Calímaco, Apolonio e os epigramistas), pola tradición poética latina e polos seus inmediatos predecesores, os chamados poetae novi, considérase o creador da lírica erótica latina. A súa obra reuniuse baixo o título Catulli Veronensis liber (Libro do veronense Catulo), colección de 116 poemas de métrica e extensión diversa, organizada a partir de criterios métricos e de xénero. A maior parte destes versos, os máis coñecidos da súa produción, aluden ao seu desafortunado amor por Lesbia, que probablemente fose Clodia, irmá do tribuno Publio Clodio; outros eloxian ou satirizan a sociedade do seu tempo. Entre eles destacan a elexía “A cabeleira de Berenice” e os poemas mitolóxicos “Attis” e “Bodas de Tetis e Peleo”. En 1943 o compositor alemán Carl...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora da arte. Centrou as súas investigacións na pintura do s XVII, especialmente na figura de Zurbarán. Colaboradora da Revista de Occidente e de Cuadernos de Estudios Gallegos, escribiu, entre outras obras, Un pintor gallego en la corte de Felipe IV. Antonio Puga (1952), Zurbarán. Estudio y catálogo de la Exposición de Granada (1953) e Fin y muerte de Zurbarán (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Canduas, no concello de Cabana de Bergantiños, situada entre as praias de San Pedro, ao O, e Rebordelo, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino de orixe hipocorística, como Concha, Maruxa ou Sabela. Nun comezo, constituía a forma hipocorística de Catarina, nome persoal procedente do grego Ekaterine, derivado probablemente de Ékatos, atributo de Apolo, ou de Hécate ( ἑ κάτη), a deusa das sombras e da maxia.

    VER O DETALLE DO TERMO