Catuxa
Catuxa
[ONOM]
Prenome feminino de orixe hipocorística, como Concha, Maruxa ou Sabela. Nun comezo, constituía a forma hipocorística de Catarina, nome persoal procedente do grego Ekaterine, derivado probablemente de Ékatos, atributo de Apolo, ou de Hécate ( ἑ κάτη), a deusa das sombras e da maxia.