"beiro" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 108.

  • PERSOEIRO

    Militar e político. Xeneral (1966), foi comandante en xefe do exército na Guinea portuguesa (1968-1973) e xefe adxunto do estado maior (1973-1974). Foi destituído polo seu desacordo coa política colonial de M. Caetano, expresado en Portugal e o futuro (1974). Representante do Movimento das Forças Armadas, encabezou o novo réxime xurdido da Revolução dos Cravos e converteuse en presidente da república (15 de maio-30 de setembro de 1974). En 1975 intentou sen éxito dar un golpe de estado. Exiliado durante un tempo (1975-1976), en 1978 foi rehabilitado na condición de xeneral e en 1981 ascendeu a mariscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue 37 parroquias, das que 25 son matrices e 12 son anexas, e que pertencen aos concellos da Estrada, Forcarei e Silleda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, seis roeis de goles, colocados en dous paus de tres; bordo de prata, cheo, e brochante sobre o trazo de separación do bordo, un cordón de san Francisco, de ouro. Outro trae, escudo partido: 1, de goles, con tres faixas de ouro; 2, de azul, cunha aguia de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Estrada a partir de abril de 1997. Subtitulada “Xornal cultural da Estrada”, apareceu con motivo do 25 aniversario do falecemento do escritor estradense Manuel García Barros, ao que se lle dedicou ese ano o Día das Letras Galegas. Editada pola Fundación Cultural da Estrada cunha periodicidade que pretendeu ser trimestral, tivo carácter comarcal. Dirixida por Valentín García, incluíu novas sobre as actividades culturais da comarca e algunhas composicións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Ten unha soa nave e ábsida románica, de planta rectangular, dividida en dous tramos, cuberta cunha bóveda de canón. No interior destacan os restos de pinturas do s XVI situados detrás do retablo. Conserva unha sepultura antropomorfa antiga ao pé do muro meridional e restos dunha torre barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada ao N da provincia de Pontevedra e ao O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas coruñesas do Sar (concello de Padrón) e Santiago (concellos de Teo, Vedra e Boqueixón), ao S coas de Pontevedra (concellos de Cotobade e A Lama), e a ourensá do Carballiño (concello de Beariz), ao L coa comarca de Deza (concellos de Silleda e Lalín) e ao O coas de Caldas (concellos de Pontecesures, Valga e Cuntis) e, de Pontevedra (concello de Campo Lameiro). Abrangue unha superficie de 528,85km2en que acolle a unha poboación de 29.409 h (2001), distribuída entre os concellos de Cerdedo (79,8 km2; 2.300 h [2001]), A Estrada (280,8 km2; 22.308 h [2001]) e Forcarei (168,25 km2; 4.801 h [2001]). O centro urbano comarcal é a vila da Estrada.
    Xeografía física
    Desde o punto de vista xeomorfolóxico a comarca posúe unha gran heteroxeneidade de paisaxes e formas, onde se combinan áreas de val con espazos montañosos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta medieval en lingua de oïl do N de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO