Tabeirós Terra
Tabeirós Terra
Publicación editada na Estrada a partir de abril de 1997. Subtitulada “Xornal cultural da Estrada”, apareceu con motivo do 25 aniversario do falecemento do escritor estradense Manuel García Barros, ao que se lle dedicou ese ano o Día das Letras Galegas. Editada pola Fundación Cultural da Estrada cunha periodicidade que pretendeu ser trimestral, tivo carácter comarcal. Dirixida por Valentín García, incluíu novas sobre as actividades culturais da comarca e algunhas composicións literarias.