Tabeirós

Tabeirós

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, seis roeis de goles, colocados en dous paus de tres; bordo de prata, cheo, e brochante sobre o trazo de separación do bordo, un cordón de san Francisco, de ouro. Outro trae, escudo partido: 1, de goles, con tres faixas de ouro; 2, de azul, cunha aguia de ouro.