"cino" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 113.

  • Arbusto ou árbore pequena, de ata 4 m de altura, de talo groso, leñoso e oco por dentro, follas grandes, alternas e palmatipartidas, de flores unisexuais agrupadas en panícula, as femininas na parte superior e as masculinas na inferior, e de froitos secos dehiscentes, grandes e con pugas. Florece durante case todo o ano, sobre todo de maio a decembro. É orixinaria de África tropical e naturalizouse nos países mediterráneos. Cultívase polas súas sementes, que proporcionan o aceite de rícino, de propiedades purgantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido ricinoleico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidroxiácido carboxílico insaturado, constituínte dun 80% de aceite de rícino que se emprega na manufactura de xabóns, en acabados téxtiles e na preparación de ricinoleatos. OBS: Tamén se denomina ácido ricínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trirricinoleato de gliceril que é o principal constituínte do aceite de rícino. Obtense das sementes do rícino, e emprégase na preparación de revestimentos protectores, como plastificante ou lubrificante, e na preparación de ácidos graxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e poeta italiano. Coñecido como Cino da Pistoia, escribiu Lectura in Codicem. Dante cítao como un importante poeta amoroso do dolce stil nuovo, mais a súa concepción do amor é menos idealizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa Central de 248 km de lonxitude que rega parte de Italia e Suíza. É un dos afluentes máis importantes do Po. Nace ao pé do San Gottardo e esta regulado polo lago Maggiore, á saída do que se converte nun río de chaira. Augas abaixo de Pavia desemboca no Po.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón meridional de Suíza que penetra dentro do estado italiano (2.812 km2; 301.600 h [2000]). A súa capital é Bellinzona (16.759 h [1998]). Corresponde á alta conca do río homónimo aberta nos Alpes, e esténdese desde San Gottardo ata o lago de Lugano. A maior parte do territorio está cuberta de bosques e pastos. Ten tamén gandaría, industria de transformación e turismo, este último de gran importancia. A poboación é de fala italiana e de confesión maioritariamente católica. A cidade máis importante en canto á poboación é Lugano. Pola súa situación xeográfica, os vales de Ticino foron cobizados polos primeiros cantóns confederados. En 1439 foi invadida novamente por Uri e en 1503 Luís XII de Francia, señor de Milán, cedeu Bellinzona aos confederados. Despois da Batalla de Marignano (1515), os confederados abandonaron definitivamente as aspiracións expansionistas cara a Lombardia. En 1803 a Acta de Mediación napoleónica integrou Ticino como novo cantón soberano na Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Graxa do porco, en especial a da barriga e a do lombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicocorticoide relacionado estruturalmente coa hidrocortisona que se emprega como antirreumático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica das vacinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (253-260). Cónsul antes de 223, á morte de Treboniano Galo foi proclamado emperador polo exército e, a seguir, recoñecido polo senado. Continuador da política relixiosa de Decio, promulgou dous editos (257 e 258) contra os cristiáns. Asociou ao trono o seu fillo Galieno e derrotou os persas, que invadiran Siria, pero tivo que enfrontarse novamente aos ataques persas e en Edesa sucumbiu e foi feito prisioneiro. Morreu en catividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado a pouca distancia.

    2. Cada unha das persoas que comparten un núcleo de poboación, un barrio ou un edificio.

    3. Persoa que nun lugar determinado se atopa ao lado doutra.

    4. Persoa inscrita no padrón municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO