"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Nas súas obras mantivo sempre visibles as liñas estruturais a pesar da ornamentación barroca. Proxectou en Venecia a igrexa de Santa Maria della Salute (1631), a escaleira do convento de San Giorgio Maggiore (1645) e rematou a igrexa de Santa Maria di Scalzi (1646). Posteriormente, traballou nos palacios de Pesaro e Rezzonico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Luís López Ballesteros. Militou inicialmente no Partido Moderado, en 1840 pasou ao Partido Monárquico-Constitucional e posteriormente ingresou na Unión Liberal de O’Donnell en 1858. Deputado por Galicia en 17 lexislaturas (1837-1873), foi director xeral de Arbitrios e Amortización, de Rendas Estancadas e de Contribucións Directas. Foi conselleiro do Estado (1857) e ministro de Ultramar (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Líder da sublevación contra os franceses, foi nomeado vogal da Xunta de Subsidios, Armamento e Defensa da provincia de Santiago. Procurador síndico do concello de Vilagarcía (1813), foi representante do municipio fronte ao goberno ao ano seguinte. Oficial no Ministerio de Finanzas desde 1815, ascendeu a director xeral de rendas e vogal do consello superior de Facenda. Como secretario de Facenda (1823-1832) tentou dar solución ao problema fiscal e ao da débeda cunha certa modernización pero sen socavar as bases do sistema fiscal existente. Creou a Caja de Amortizaciones, fundou o Banco Español de San Fernando e a Inspección Fiscal de Aduanas. Designado senador pola Coruña desde 1844 e posteriormente vitalicio por Navarra, foi vicepresidente do Consello de Ultramar desde 1851. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Da súa produción destacan Juliano el Apóstata (1907), Galicia. Su raza y su genio (1918) e Filosofía de la ilusión (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e político, fillo do pintor Juan Luis. En 1950 trasladouse a Santiago de Compostela onde foi profesor de debuxo no Instituto Rosalía de Castro, na facultade de Ciencias e na Escola de Artes e Oficios. Foi concelleiro e alcalde da cidade (1964-1974), deputado provincial e procurador en Cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor rexionalista, fillo do escultor Reimundo López Pol. Coñecido como Manuel Garabal, formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago con Mariano Tito Vázquez, influencia que explica o tenebrismo das súas primeiras obras (A enredante, 1926; Sol entre carballos, 1946), e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde descubriu a luminosidade e a cor (Rapaz comendo mazás; O millo, 1934). O feito de que frecuentase o taller de Cándido Garabal foi de grande importancia para o seu desenvolvemento artístico. Aínda que expuxo no acto inaugural da Sociedade Galega de Amigos da Arte (1929), ese mesmo ano abandonou a pintura, afectado de tuberculose. Xa recuperado (1932) reiniciou a súa actividade, especialmente prolífica tralo remate da Guerra Civil Española (1936-1939). En 1941 obtivo o título na Escola Superior de Belas Artes e converteuse en profesor de Debuxo Lineal e Decorativa na Escola Elemental de Traballo en Santiago de Compostela. Deste ano data a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Maxistrado e político. Foi membro da Audiencia de Cáceres (1833) e deputado por Pontevedra e Tui (1837-1852). Membro do Partido Moderado, foi senador vitalicio e membro do Tribunal Supremo desde 1857. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. A súa obra, que segue as liñas da poesía galega da década de 1980, caracterízase polo culturalismo, a vontade esteticista, a importancia da palabra e a recuperación dos temas da mitoloxía clásica occidental. Dos seus libros de poemas destacan O corpo e as sombras (1985) e Os días olvidados (1985), en que se incluíron composicións galardoadas co Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo e co premio de poesía do Concello de Santiago de Compostela. Outras obras súas foron Herdanza da néboa e Gramática do silencio, que apareceron recollidas na edición póstuma A morte presentida (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo estadounidense. Foi delegado cultural da ONU. Destacan as súas obras The Happy Marriage (1924), Streets on the Moon (1926) e J. B.: A Play in Verse (1959). Obtivo en dúas ocasións o premio Pulitzer (1933 e 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de India, preto de Madras, fundada no s VII. Conta con importantes restos arqueolóxicos, como os cinco templos en forma de carro de procesión tallados na rocha (rātha) do s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aníbal Calvo Malvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Oirós (Vila de Cruces). Presenta unha cámara poligonal de reducidas dimensións que está constituída a partir de nove lousas chantadas, na superficie dunha das que se localizou uns gravados de liñas ondulantes e a representación dun motivo solar. O achado máis relevante do xacemento foi un enxoval que está formado por restos de cerámica lisa e de tipo campaniforme, e un disco perforado. No contorno foron identificadas un total de quince mámoas máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Sabucedo (A Estrada) e Quireza (Cerdedo). O seu cumio acada os 504 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de telecomunicacións. Foi director da Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Telecomunicación da Universitat Politècnica de Barcelona, do departamento de tratamento e transmisión da información da Universitat Politècnica de Catalunya e presidente do consello constituínte do departamento de teoría do sinal e comunicacións da mesma universidade. É autor de traballos sobre a codificación de voz e o recoñecemento e comprensión da fala e o procesamento dixital do sinal, entre outros. Recibiu o Premio Mundo Eletrónico ao mellor artigo profesional (1979 e 1985) e o Premio Esabe (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Remeiro. Nomeado dúas veces mellor deportista provincial e finalista no premio ao mellor deportista galego, foi sete veces campión de España en diferentes modalidades. Logrou o sexto lugar no campionato do mundo (1983) e foi unha vez campión de Europa (1988). Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sonda espacial lanzada o 7 de novembro de 1996 pola NASA coa misión de observar a topografía, a gravidade, a atmosfera e o campo magnético de Marte. É a primeira dentro dunha serie de sondas enviadas ao planeta e englobadas no Proxecto Mars Surveyor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Comezou a publicar en Interviú e La Vanguardia. Participou na fundación de El Jueves (1977) e publicou a tira diaria Quico, el progre no xornal El Periódico, que posteriormente se levou á televisión, onde tamén produciu a serie Historias de la puta mili (Premio Ondas 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro, diplomático e escritor. Foi ministro de España en China e o primeiro diplomático español naquel país. Estableceuse en Macau (1843) e explorou boa parte da costa chinesa. Publicou A Ibérica (1852), onde defendeu unha federación ibérica respectuosa coas minorías nacionais, diversas poesías e a traxedia en prosa Aristodemo (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Fragas (Campo Lameiro). O seu cumio acada os 584 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO