"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • GALICIA

    Concello da comarca do Barbanza, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 42° 36’10” latitude N e 8° 56’ 00” lonxitude O. Limita ao N co concello de Porto do Son (comarca de Noia), ao L co de Boiro (comarca do Barbanza), ao S coa ría de Arousa, e ao O co de Ribeira (comarca do Barbanza). Abrangue unha superficie de 32,3 km2, en que acolle unha poboación de 9.923 h (2007) distribuída nas parroquias do Caramiñal, Lesón, Posmarcos, Santiago de Deán ou O Castelo e O Xobre ou O Maño. A capital está na vila da Pobra do Caramiñal, na parroquia do Caramiñal, localizada a 54 km de Santiago de Compostela e a 118 km da Coruña. Está adscrito á arquiarquidiocese de Santiago de Compostela e ao partido xudicial de Ribeira.
    Xeografía física
    A Pobra do Caramiñal sitúase entre a serra do Barbanza e a ría de Arousa, os dous accidentes orográficos que configuran o seu territorio. A primeira esténdese pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lesón (A Pobra do Caramiñal) sobre o río Pedras. Datada no s XVIII, foi construída en cantaría e conta con tres vans e arcos circulares, posteriormente ancheouse con bóveda de formigón. Atópase na C-550.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Barco de valdeorras, o. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Pereiro (A Mezquita). O seu cumio acada os 1.010 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Vicente de Fervenzas (Aranga). O seu cumio acada os 519 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Lousame situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 545 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Académie Julien de París e residiu posteriormente en Venecia. De volta a EE UU, viviu en Boston e en Nova York e participou no grupo The Eight. Influído polo impresionismo traballou directamente as cores puras sobre a tea mediante a espátula. Destaca Central Park (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Foi membro do comité central do PCUS, do que foi separado en 1921, por defender as teses de Trostki. Teórico da Revolución Rusa, propuxo investigar que lei económica presidía o desenvolvemento da economía de transición na URSS, que o levou a elaborar o concepto de acumulación socialista primitiva. Morreu executado. Escribiu Novaja Ekonomija (1926) e, con N. I. Bukharin, Bukvar’ Kommunizma (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos prosobranquios.

    2. Molusco da subclase dos prosobranquios.

    3. Subclase de moluscos gasterópodos, constituída polos caracois mariños máis comúns. Caracterízanse por ter unha cuncha xeralmente enrolada en espiral e cun opérculo. A maioría son mariños, litorais ou bentónicos. Algunhas especies teñen interese comercial pola súa carne ou ben pola nácara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos protobranquios.

    2. Molusco da subclase dos protobranquios.

    3. Subclase de moluscos bivalvos coas branquias con forma de peite, só encargadas das funcións respiratorias, polo que a captura do alimento se efectúa por medio dos tactos labiais. Tamén se denominan taxodontes, porque a charneira da cuncha ten dentes máis ou menos numerosos e similares, e dimiarios, por posuír case sempre dous músculos adutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exsudación patolóxica que se produce na superficie das mucosas e das serosas, formada a miúdo, pero non sempre, por un filtro fibrinoso que se desengancha en forma de laminas que non se disocian na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pterobranquios.

    2. Hemicordados da clase dos pterobranquios.

    3. Clase de hemicordados, de dimensións reducidas, que son mariños, sedentarios, filtradores e coloniais ou pseudocoloniais. Pertence a esta clase a orde dos rabdopléuridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi gobernador civil en Alacant e León. De ideais provincialistas dirixiu o periódico afín a esa ideoloxía, El Defensor de Galicia, e o literario El Iris de Galicia. Participou no Álbum de la Caridad coa composición “O gaiteiro da Coruña, aos vencedores de África”. Escribiu diversos dramas (Un juramento cumplido, 1847), comedias (De la mano a la boca, 1870) e zarzuelas (Cuento de hadas, 1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Integrante do primeiro provincialismo, foi profesor de retórica e poética no Instituto da Coruña. Foi membro da Academia Literaria en Santiago de Compostela e colaborou en El Porvenir, El Liceo, Boletín Mercantil, El Iris de Galicia, El País e El Defensor de Galicia. Publicou o drama romántico en verso María Pita e a colección de lendas románticas Preludios del arpa (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • crebacabezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore, dos xéneros Aspidosperma e Schinopsis, de madeira moi apreciada.

      2. quebracho branco [Aspidosperma quebracho, Fam das apocináceas]

        Árbore con follas simples, alternas e coriáceas, con flores pequenas de corola lobulada, dispostas en panículas, e froitos bifoliculares. É propia da Arxentina setentrional.

      3. quebracho vermello

        Árbore, do xénero Schinopsis, da familia das anacardiáceas, especialmente as especies S. balansae e S. lorentzii. As follas poden ser simples (S. balansae) ou pinnaticompostas (S. lorentzii), as flores pequenas e dispostas en panícula, e os froitos de tipo drupa están provistos de taninos. Son especies madeireiras propias do Gran Chaco.

    1. Madeira destas árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO